2 jun. 2016

Festividade do Sagrado Corazón de Xesús

LECTURAS:

http://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/dias-especiais/mobiles/sagrado-corazon-de-xesus/ciclo-c/

ORACIÓN AO 
SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS

Sagrado Corazón de Xesús,
en Ti poñemos toda a nosa confianza,
teméndoo todo da nosa fraxilidade,
esperándoo todo da vosa bondade:
se o único obxecto do noso amor,
o protector da nosa vida,
o sostén na nosa debilidade,
a reparación das nosas faltas,
a seguridade da nosa salvación e
o noso refuxio na hora da morte. 
Amén.


LADAÍÑAS AO 
SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS

Señor, ten piedade de nós. 
   R. Señor, ten piedade de nós.
Cristo, ten piedade de nós. 
   R. Señor, ten piedade de nós.
Señor, ten piedade de nós. 
   R. Señor, ten piedade de nós.
Cristo, óenos. 
   R. Cristo, óenos.
Cristo, escóitanos. 
   R. Cristo, escóitanos. 

Deus, Pai Celestial,
   R. Ten piedade de nós.
Deus Fillo, Redentor do mundo,
   R. ten piedade de nós.
Deus, Espírito Santo,
   R. ten piedade de nós.

Santísima Trindade, que es un só Deus,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, Fillo do Eterno Pai,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, formado no seo da Virxe,
     R. ten piedade de nós.
Nai polo Espírito Santo,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, unido substancialmente ao Verbo de Deus,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, templo santo de Deus,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, tabernáculo do Altísimo,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, casa de Deus e porta do ceo,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, forno ardente de caridade,
     R. ten piedade de nós.ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, santuario da xustiza e do amor,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, cheo de bondade e de amor,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, abismo de todas as virtudes,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, digno de todo encomio,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, Rei e centro de todos os corazóns,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, en quen se achan todos os tesouros
da sabedoría, e da ciencia,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, en quen reside toda a plenitude da divindade,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, en quen o Pai se comprace,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, de cuxa plenitude todos recibimos,
        R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, desexado dos eternos collados,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, paciente e cheo de misericordia,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, xeneroso para todos os que che invocan,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, fonte de vida e santidade,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, propiciación polos nosos pecados,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, triturado polos nosos pecados,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, feito obediente ata a morte,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, traspasado por unha lanza,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, fonte de todo consolo,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, vida e resurrección nosa,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, paz e reconciliación nosa,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, vítima polos pecadores,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, salvación dos que en ti esperan,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, esperanza dos que en ti morren,
     R. ten piedade de nós.
Corazón de Xesús, delicia de todos os santos,
     R. ten piedade de nós.
  
Año de Deus, que quitas o pecado do mundo,
     R. perdóanos Señor.
Año de Deus, que quitas o pecado do mundo,
     R. ten piedade de nós.
Xesús, manso e humilde de Corazón,
     R. fai o noso corazón semellante ao teu.

ORACIÓN: 
Oh Deus todopoderoso e eterno, mira o Corazón do teu amantísimo Fillo, os encomios e satisfaccións que, en nome dos pecadores, che ofrece e concede o perdón a estes que piden misericordia no nome do teu mesmo Fillo, Xesucristo, o cal vive e reina contigo por sempre eternamente. Amén.


VER MÁIS:

No hay comentarios:

Publicar un comentario