25 jun. 2016

Fostes chamados á liberdade - Gal 5, 1. 13-18

Domingo 13 de Ordinario - ciclo C


LIXEIROS DE PREXUÍZOS 
E DE EQUIPAXE

Vivir a diversidade, amar a unidade,
defender a diferenza,
soñar a igualdade, saborear a variedade,
traballar a unión, aceptar a pluralidade,
cantar a identidade,
respectar a complexidade, buscar a simplicidade…
mentres imos de camiño e nos imos facendo.

E as normas e as leis,
sinais e luces, doutrinas e canons,
programas e proxectos, preguntas e avisos,
costumes e catecismos,
sacramentos e celebracións, igrexa e comunidades…
só se nos axudan a seguir as túas pegadas
creando fraternidades de fillos e fillas
que se recoñecen, respectan e queren
como Ti no lo dixeches.

Para ser discípulos e camiñar contigo lixeiros
moi lixeiros de prexuízos e equipaxes!

                                   Florentino Ulibarri



No hay comentarios:

Publicar un comentario