Vivo, xa non eu; vive en min Cristo - Gal 2, 16.19-21

Domingo 11 do Tpo. Ordinario - ciclo C


COS OLLOS FONDOS 
DE XESÚS

Xesús, meu amigo e irmán,
meu mestre e meu Señor,
que marabilloso es en todas as túas accións!

Canto me gustaría a min
Ter a túa mesma maneira de ollalo todo!
Como me gustaría a min
saber e ollar e comprender a cada un dos
meus veciños coma ti o ollas e comprendes!

Canto me gustaría tamén
ter esa mesma ollada comprensiva e fonda
para contemplar -las causas da vida,
os acontecementos do mundo,
as mudanzas dos tempos e das horas!

Se me deixase envolver polo teu amor,
se me deixase enchoupar nel
se me deixase ferir por el
en todas as células do meu ser fráxil e pecador!

Xesús, sinto unha fonda admiración por ti,
por iso mesmo síntome contento e orgulloso,
porque me chamaches para ser compañeiro teu

xunto coas outras persoas da comunidade. 

Comentarios

Publicacións populares