18 jun. 2016

Os que fostes bautizados, revestístesvos de Cristo - Gal 3, 26-29

Domingo 12 do Tpo. Ordinario - ciclo C


 OS TRIUNFOS DE XESÚS

Non contes cun camiño de rosas
polo medio dos aplausos da xente.
Non contes con subir ao estrado do triunfo
entre bicos de mociñas louras
e medallas dos presidentes.

Se es un fiel seguidor de Xesús,
Se es un apaixonado pola comunidade,
vaite afacendo ás burlas,
aos desprezos e aos insultos,
vaite afacendo á persecución.

Chamarante desocupado,
chamarante comunista;
diranche que algo buscas para ti;
diranche que es bo,
pero que andas enganado;
e, cando xa non teñan nada que dicir,
dirán que es un soñador,
que pensas en cousas imposibles;
e deixarante só.

O importante non é triunfar.
Un cristián non nace xustamente
para ser un triunfador.

O importante é loitar,
ir botando a semente
no suco propio e no da comunidade,
con paciencia e esperanza.

O importante é ir dando a vida,
pouco a pouco, xenerosamente,
con moita alegría,
e agardar os imposibles da vida,
os imposibles de Deus. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario