Velaí que o teu fillo vive - 1 Re 17, 17-24
Domingo 10 do Tpo. Ordinario - ciclo C
ESPÍRITO DO DEUS DA VIDA
Recrea o noso corazón,
Espírito do Deus da Vida:
dános un corazón
que salte de alegría,
que saiba compartir,
que non acumule "cousas"
senón que se encha de persoas.
Que goce con quen gozan,
que sufra con quen sofren,
que sexa libre para liberar,
que o seu absoluto sexa Deus, Pai - Nai,
que considere relativo todo o demais.
Que entenda de audacia,
para "dar" con novos camiños,
que constrúa vida ao seu redor,
que posibilite creatividade por milleiros.
Que viva en actitude de discernimento,
que teña unha profunda experiencia de Deus,
que sexa experto en humanidade,
que se prolongue cara aos últimos,
que anuncie a Xesús de Nazaré.
Un corazón que fale linguaxe de tenrura,
que mire ao interior das persoas,
que non se deixe arrastrar polas aparencias,
que escoite as persoas
e coide o trato con elas.
Amolece as nosas rixideces
e modela o noso corazón,
Espírito do Deus - Oleiro.
Recupera a nosa vida, ocúpaa,
transfórmaa, énchea dos teus dons.
Dános unha mirada crente,
descóbrenos esa presenza escondida
de Deus Pai - Nai, en todas as cousas,
acontecementos e persoas.
Comentarios
Publicar un comentario