Mirarán a quen crucificaron - Zac 12, 10-11; 13, 1
Domingo 12 do Tpo. Ordinario - ciclo C
NO NOME DE XESÚS
Que o teu nome, Xesús,
ilumine cada día o meu propio nome.
Que a túa vida toda
dea sentido aos anacos rotos da miña vida.
Que en ti, Xesús,
dócil e obediente ata a fin ao Pai,
aprenda eu a miña identidade.
Que en ti, Xesús,
dócil e obediente aos débiles por amor,
reencontre cada día o meu camiño.
Que no teu sufrimento e na túa cruz
descubra o valor das miñas cruces todas.
Que coma ti padeciches polos pobres contra o
poder,
así tamén eu padeza hoxe na loita pola túa
xustiza.
Que faga da túa causa a miña causa,
da túa cruz, a miña cruz,
do teu éxito, o meu éxito.
Que en todo momento te atope en min
rezador, vivo e loitador,
para gloria do Pai e proveito meu e dos
pobres.
Comentarios
Publicar un comentario