26 jun. 2016

Ergueuse Eliseo e marchou seguindo a Elías - 1 Re 19, 16b. 19-21

Domingo 13 de Ordinario - ciclo C


COMO NON SEGUIRTE

Como non seguirte, Xesús,
se es ti o mellor que coñecín.
Como non seguirte,
se levo gravado o teu nome
no meu corazón e na miña mente.

Como non seguirte, Xesús,
aínda que sexa na distancia,
con frialdade e a de mal grado.

Como non seguirte,
se es ti a man que me agarima
e o perdón que me levanta.

Como non seguirte, Xesús,
se te vexo ir diante do pobo
levantando aos caídos,
e sandando as feridas.

Es ti quen
cada mañá e cada tarde
me chamas e me invitas: sígueme.
Como non seguirte!

Javier García



No hay comentarios:

Publicar un comentario