CELEBRACIÓN PARA A FIN DA CATEQUESE
1. CANTO DE
ENTRADA: TEMOS UNHA FESTA
2. MONICIÓN DE
ENTRADA:
Con alegría reunímonos hoxe para participar na recollida dos
froitos da colleita da catequese deste ano. Coa esperanza do labrego que bota a
súa semente e espera que un bo tempo lle axude a recoller moitos e bos froitos,
así terminamos nós o curso que nos permite agora celebrar os froitos do noso
traballo e darlle grazas a Deus.
3. PETICION DE
PERDÓN:
1. Pedímosche perdón, Señor, por crear en moitas ocasións
tormenta onde insultamos, pegamos e protestamos con malos modos.
2. Pedímosche perdón, Señor, polas veces que puxemos saraiba
que golpeou aos nosos pais e profesores non sendo agradecidos e obedientes.
3. Pedímosche perdón, Señor, porque puxemos néboa ao noso ao
redor que non nos deixou crecer en amizade, en responsabilidade, en agradecemento
e amor aos demais
4. LITURXIA DA
PALABRA
1ª LECTURA: De S. Paulo
aos Filipenses, 4, 4-9
4Estade sempre alegres
no Señor. Repítovolo: estade alegres. 5Que todo o mundo vexa o bos que sodes. O
Señor está a chegar. 6Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo
presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de grazas.
7E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e
os vosos pensamentos en Cristo Xesús.
8Do resto, meus irmáns,
todo o que sexa verdadeiro, todo o que sexa serio, todo o que sexa xusto, todo
o que sexa enxebre, todo o que sexa estimable, todo o que sexa honroso,
calquera virtude ou mérito que haxa, iso é o que debedes estimar. 9O que
aprendestes, recibistes, oístes e vistes en min, iso é o que tedes que levar á
práctica. E o Deus da paz irá convosco.
L/Palabra do Señor T/Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL:
(Do Salmo 67)
R. Lóente, os
pobos, lóente os pobos todos Deus.
amósenos a luz da súa presenza.
Que se coñezan na terra
os seus camiños
e en todos os pobos a
súa salvación.
Alégrense e canten as
nacións,
porque ti gobernas os
pobos rectamente
e guías na terra as
nacións.
O agro dá os seus
froitos,
bendinos o noso Deus.
Que Deus nos bendiga e
que o teman
os confíns todos do
mundo.
L/Palabra do Señor T/Grazas a Deus
Canto Interleccional:
ESCOITA Ó SEÑOR
EVANXEO: (Xn.15, 1-8)
Lectura do Santo
Evanxeo segundo San Xoán
1Eu
son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. 2O bacelo que en min non leva
froito, arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve máis froito aínda.
3Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado. 4Permanecede en min e
eu en vós.
Así
como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non permanece na vide, vós
tampouco, se non permanecedes en min. 5Eu son a vide; vós os bacelos. Quen
permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non
podedes facer nada. 6Se alguén non permanece en min, é coma os ramos arrincados
fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden. 7Se permanecedes en min e
as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer.
8Nisto é glorificado meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes
coma discípulos meus.
L/Palabra do Señor T/Loámoste, Cristo
HOMILÍA
5. PETICIÓNS:
Sacerdote: Compartindo a nosa vida con Xesús, rogamos a Deus
que nos axude a ser fíelles testemuñas do seu amor.
Facemos agora as peticións e contestamos todos: Pedímoscho de corazón.
1.Xesús, querémosche pedir que nos axudes a ser as túas mans
para axudar aos demais.
Pedímoscho, Xesús.
2.Xesús, querémosche pedir que nos axudes a ser o teu
sorriso para comunicar a todos a túa alegría.
Pedímoscho, Xesús.
3.Xesús, querémosche pedir que nos axudes a ser o teu
corazón para querernos como irmáns.
Pedímoscho, Xesús.
4.Xesús, querémosche pedir que nos axudes a ser os teus pés
para chegar a quen nos necesite.
Pedímoscho, Xesús.
5.Xesús querémosche pedir que nos axudes a ser a túa voz
para gritar que Deus nos ama.
Pedímoscho, Xesús.
Sacerdote: Escoita, Señor, as nosas peticións e axúdanos
para que as fagamos realidade na nosa vida de todos os días. Por Xesucristo o
noso Señor. Amén.
SÍMBOLOS:
(Tres nenos portan cada un unha cartolina cun froito que
leva escrito algunha actitude positiva) Outro leva unha cesta de froitas
variadas.
Monición: Señor, hoxe vimos con alegría cos froitos que nos
deches. Queremos que na nosa vida non falten os froitos de amar, agradecer e
crecer.
1. O FROITO
DO AMOR: Ofrecémosche, Señor, os momentos de amizade e amor entre nós como
froitos que creceron en bo clima.
Grazas polos amigos!
2. O FROITO
DO AGRADECEMENTO: Recibimos moitas cousas, Señor por iso ofrecémosche o froito
do agradecemento aos nosos amigos, pais, profesores e a todas as persoas que
nos fixeron o ben durante o curso.
3. O FROITO DO CRECEMENTO: Eu crecín, eu crezo, eu crecerei.
Queremos seguir recollendo este froito nos anos que quedan por vir. Seguimos
contando coa túa axuda e a dos nosos pais e catequistas. Queremos crecer en
estatura, en intelixencia, en responsabilidade e en amor a todos.
SACERDOTE: Acolle, Señor estes bos desexos nosos como resposta ao amor que Ti nos tes.
7. SANTO: O SEÑOR NOSO DEUS
8. CANTO DA PAZ: A PAZ ENTRE NÓS
9. CANTO DE COMUÑÓN:
TI ES CAMIÑO
10. MONICIÓN FINAL
Chegamos ao final deste curso de catequese. Ao longo destes
meses descubrimos que Deus é o noso Pai e que formamos parte dunha gran
familia, a Igrexa. Xuntos habemos ir coñecendo a Xesús e o que é máis
importante fixémonos os seus amigos. Por iso agora, para rematar a nosa
celebración, imos cantarche unha vez máis :
Comentarios
Publicar un comentario