Domingo 12 Ordinario C
12º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO
- CICLO C
Primeira Lectura Zac 12,
10-11; 13, 1
LECTURA DO LIBRO DE ZACARÍAS
Mirarán a quen crucificaron (Xn 19, 37)
Así fala Señor:
Estenderei sobre a
casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de
súplica: mirarán atentamente ao meu Poderoso, a quen traspasaron.
Farán lamentación por
el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el,
coma o amargarse por un primoxénito.
No día aquel será
grande a lamentación en Xerusalén coma a lamentación de Hadad-Rimón no val de
Meguido.
No día aquel haberá
unha fonte de auga corrente para a casa de David e para os habitantes de
Xerusalén, por mor do pecado e da inmundicia.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 62,
2abcd. 2e-4. 5-6. 8-9
R/. (2b): De ti ten sede a miña alma, Señor, meu
Deus.
Deus, o meu Deus es ti, por ti madrugo,
de ti ten sede a miña alma,
por ti devece o meu corpo,
coma terra reseca, sedenta, sen auga.
Miro cara a ti no santuario,
para ver o teu poder e a túa gloria.
A túa misericordia é preciosa máis cá vida,
lóante os meus labios.
Toda a miña vida hei bendicirte
levantando no teu nome as miñas mans.
Coma de graxa e manteiga, hei quedar satisfeito,
han loarte xubilosos os meus labios.
Ti es o meu auxilio,
á sombra das túas ás estou contento.
A miña alma está unida a ti,
abrigoume a túa destra.
Segunda Lectura Gal 3, 26-29
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS GÁLATAS
Os que fostes bautizados, revestístesvos de Cristo
Irmáns:
Todos vós sodes fillos
de Deus pola fe en Cristo Xesús, porque aos que vos bautizaron en Cristo,
revestíronvos de Cristo.
E acabouse todo iso de
xudeus e gregos; de escravos e libres, de homes e mulleres, pois sodes coma un
só en Cristo Xesús.
Vós, pola vosa
condición de cristiáns, sodes a “descendencia” de Abrahán, herdeiros conforme a
promesa.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 10, 27
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;
e eu coñézoas e elas séguenme.
Aleluia.
Evanxeo Lc 9, 18-24
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Ti es o Unxido de Deus. É necesario que o Fillo do Home padeza moito
Unha vez que estaba
Xesús en oración nun lugar apartado, acompañado dos seus discípulos,
preguntoulles:
‑ Quen di a xente que
son eu?
Eles responderon:
‑ Uns, que Xoán
Bautista; outros, que Elías; e outros, que algún dos profetas antigos que está
resucitado.
Insistiu:
‑ E vós quen dicides
que son eu?
Respondeu Simón Pedro:
‑ O Mesías de Deus.
Entón el prohibiulles
dicir nada a ninguén. E engadiu:
‑ Cómpre que o Fillo
do Home padeza moito, que o rexeiten os anciáns, os sumos sacerdotes e mais os
letrados, e que o executen, e que ao terceiro día resucite.
Despois dirixiuse a todos:
-
Se alguén
me quere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e
que me siga. Pois o que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen
perda a súa vida pola miña causa, ese poñeraa a salvo.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
POWER POINTS
CANTO GOZOSO
Vinde axiña, compañeiros
LECTURAS:
LECTURAS:
Xesús é Señor
OFERTORIO:
OFERTORIO:
Señor Xesús
COMUÑÓN:
COMUÑÓN:
Comentarios
Publicar un comentario