Domingo 11 de Ordinario C
DOMINGO XI
ORDINARIO - CICLO C
Primeira Lectura 2 Sam 12,
7-10. 13
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL
Deus non tivo en conta o teu pecado: non morrerás
Naqueles días, Natán
díxolle a David:
‑"Ti es ese home.
E isto di o Señor,
Deus de Israel:
Eu unxinte por rei de
Israel
e libreite das mans de Saúl.
Entregueiche a casa do
teu señor
e puxen as súas mulleres nos teus brazos.
Fíxente dono de Israel
e de Xudá
e, por se fose pouco,
deiche aínda outras cousas.
Por que, logo, desprezar
a palabra do Señor,
facendo o que el reproba?
Mataches coa espada a
Urías, o hitita,
para casares coa súa muller.
Matáchelo coa espada
dos amonitas.
Agora a espada non se afastará da túa casa.
Visto que ti me
desprezaches,
tomando para ti a muller de Urías, o hitita.
David díxolle a Natán:
‑ "Pequei contra
o Señor!"
E Natán díxolle:
‑ "O Señor perdoa
o teu pecado e non morrerás.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 31,
1-2. 5. 7. 11
R/. (cf. 5c): Perdoa, Señor, a culpa do meu pecado.
Ditoso aquel a quen lle foi perdoada a súa culpa,
a quen lle foi enterrado o seu pecado.
non lle ten en conta o delito,
o que non leva fraude no seu espírito.
Confeseiche o meu pecado,
non che escondín o meu delito;
Dixen: "Vou confesar a miña culpa ao Señor",
e ti perdoáchesme a culpa e o pecado.
Ti es o meu amparo: gárdasme dos perigos
e cínguesme co gozo do rescate.
Alegrádevos no Señor e reloucade os xustos,
aclamádeo todos os rectos de corazón.
Segunda Lectura Gal 2,
16.19-21
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS GÁLATAS
Vivo, xa non eu; vive en min Cristo
Irmáns:
Como sabemos moi ben
sabido que ninguén se xustifica polas obras da Lei senón pola fe en Xesús
Cristo, chegámonos tamén nós a crer en Cristo Xesús, para sermos xustificados
pola fe en Cristo e non polas obras da Lei, porque polas obras da Lei non se
vai xustificar ninguén.
Porque precisamente
pola Lei morrín á Lei, a fin de vivir para Deus. Fiquei crucificado con Cristo
e vivo: mais xa non vivo eu; é Cristo quen vive dentro de min.
E aínda que agora vivo
unha vida mortal, vivo na fe do Fillo de Deus, que me amou e que se deu en
sacrificio por min.
Eu non boto a perder a
graza de Deus. Pero, iso si, se a xustificación nos viñese da Lei, Cristo tería
morto para nada.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA 1 Xn 4, 10b
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Deus amounos e mandou o seu Fillo
para que expiase os nosos pecados.
Aleluia.
Evanxeo Lc 7, 36 -- 8, 3 (longa)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Perdoáronselle moitos pecados porque amou moito
Naquel tempo, un
fariseo convidou a comer a Xesús; e Xesús entrou na casa del e púxose á mesa.
Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou
un frasco de alabastro con perfume de mirra, botouse por detrás aos pés del
chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa
cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.
Vendo aquilo, o fariseo
que o convidara dixo para si:
‑ Se este fose un
profeta coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha
pecadora.
Xesús tomou a palabra
e díxolle:
‑ Simón, teño algo que
che dicir.
El contestou:
‑ Pois dío, Mestre.
‑ Un prestamista tiña
dous debedores; un debíalle cincocentos denarios, e o outro cincuenta. Como non
tiñan con que lle pagar, perdooulles aos dous. Ora, quen deles o amará máis?
Respondeulle Simón:
‑ Supoño que aquel a
quen máis lle perdoou.
El contestou:
‑ Ben dito.
E volvéndose cara á
muller, díxolle a Simón:
‑ Ti ves esta muller?
Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas
súas bágoas e secoumos cos seus cabelos. Non me deches o bico, pero ela desde
que entrou non parou de me bicar os pés. Non me unxiches a cabeza con aceite,
pero ela unxiume os pés con perfume. Por iso dígoche: moitos pecados se lle
perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor
mostra.
E díxolle a ela:
‑ Os teus pecados
están perdoados.
Entón os demais
convidados empezaron a comentar entre eles:
‑ Quen é este, que
mesmo pretende perdoar os pecados?
Pero el díxolle á
muller:
‑ Salvoute a túa fe,
vai en paz.
Despois disto púxose a
percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do Reino de Deus.
Ían con el os Doce e mais algunhas mulleres que el curara de doenzas e de malos
espíritos: María, chamada a Madalena, curada de sete demos, Xoana, a muller de
Cusa, administrador de Herodes, Susana e outras moitas que o servían cos seus
bens.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
______________________________________________________________________
Ou:
7, 36-50 (máis breve):
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel tempo, un
fariseo convidou a comer a Xesús; e Xesús entrou na casa del e púxose á mesa.
Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou
un frasco de alabastro con perfume de mirra, botouse por detrás aos pés del
chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa
cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.
Vendo aquilo, o
fariseo que o convidara dixo para si:
‑ Se este fose un
profeta coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha
pecadora.
Xesús tomou a palabra
e díxolle:
‑ Simón, teño algo que
che dicir.
El contestou:
‑ Pois dío, Mestre.
‑ Un prestamista tiña
dous debedores; un debíalle cincocentos denarios, e o outro cincuenta. Como non
tiñan con que lle pagar, perdooulles aos dous. Ora, quen deles o amará máis?
Respondeulle Simón:
‑ Supoño que aquel a
quen máis lle perdoou.
El contestou:
‑ Ben dito.
E volvéndose cara á
muller, díxolle a Simón:
‑ Ti ves esta muller?
Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas
súas bágoas e secoumos cos seus cabelos. Non me deches o bico, pero ela desde
que entrou non parou de me bicar os pés. Non me unxiches a cabeza con aceite,
pero ela unxiume os pés con perfume. Por iso dígoche: moitos pecados se lle
perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor
mostra.
E díxolle a ela:
‑ Os teus pecados
están perdoados.
Entón os demais
convidados empezaron a comentar entre eles:
‑ Quen é este, que
mesmo pretende perdoar os pecados?
Pero el díxolle á
muller:
‑ Salvoute a túa fe,
vai en paz.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
CANTO GOZOSO
* ENTRADA:
* LECTURAS:
* OFERTORIO:
* COMUÑÓN:
Comentarios
Publicar un comentario