Deus non tivo en conta o teu pecado: non morrerás - 2 Sam 12, 7-10. 13

Domingo 11 do Tpo. Ordinario - ciclo C


CANDO ENTREI  NA TÚA CASA

Cando entrei na túa casa
 ti non me ofreciches auga para os pés;
 ela, en cambio, regoumos coas súas bágoas.
 e secoumos co seu pelo longo.

 Ti non me bicaches;
 ela, en cambio, desde que entrou,
 non deixou de bicarme.

 Ti non me botaches ungüento na cabeza;
 ela, en cambio, unxiu ata os meus pés
 con perfume caro.

 E se pasamos a outras cousas ...
 Ti invitáchesme
 e deixáchesme plantado;
 ela invitouse  e acompañoume.

 Ti estiveches mirando de esguello;
 ela, con tenrura e amor desbordado
 a través dos seus húmidos ollos chorosos.

 Ti, no teu foro interno,
murmuraches dela e de min sen reparo;
ela amoume como sabe
e me prace ser amado.

Ti fuches ben mesquiño e ata raposeiro;
ela, agradecida, cos seus xestos humanos.
Ti escandalizácheste;
ela recuperou a súa dignidade perdida
e salvouse…
O banquete rematou.
Non te sorprendas.
Deus quere persoas novas.


Florentino Ulibarri

Comentarios

Publicacións populares