13 mar. 2016

Velaí procuro a renovación e darei de beber ao meu pobo - Is 43, 16-21

Domingo 5 de Coresma - ciclo C


NON TIRES A PRIMEIRA PEDRA

Se sempre atopaches a man de teu pai,
se a túa nai nunca buscaches en van;
se nunca padeciches fame,
min a miseria foi a túa compañeira ...
Non tires a primeira pedra.

Se nunca sufriches a inxustiza
de insultos, condenas e malicias;
se nunca fuches humillado,
nin choraches en soidade mil veces ...
Non tires a primeira pedra.

Se nunca coñeciches a tolería,
nin estiveches sedento de tenrura,
nin buscaches de xeito equivocado
a forma de esquecerte dun fracaso ...
Non tires a prime ira pedra.

Se nunca te tiveches que baixar
sen tan sequera ter dereito a falar ...
Non tires a primeira pedra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario