Domingo de Ramos - ciclo C

DOMINGO DE RAMOS NA PAIXÓN DO SEÑOR

PROCESIÓN DAS PALMAS

Evanxeo  Lc 19, 28-40
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Bendito o que vén no nome do Señor


            Naquel tempo, Xesús botou a andar diante camiño de Xerusalén.
E cando se achegaban a Betfagué e a Betania, ao pé do chamado Monte das Oliveiras, mandou dous discípulos, dicíndolles:
            ‑ Ide á aldea que tedes aí diante, e atoparedes atado un burriño que ninguén montou aínda nunca. Soltádeo e traédeo. E se alguén vos pregunta: "Por que o soltades?", respondédelle: "Precísao o Señor".
            Foron os discípulos, e atoparon todo tal como lles dixera. E cando ceibaron o burriño, preguntáronlles os donos:
            ‑ Por que soltades o burriño?
            Eles contestaron:
‑Precísao o Señor.
            Levárono onda Xesús, botaron os mantos sobre o burriño e axudárono a montar. E ao pasar el, a xente estendía os mantos polo camiño. Cando se aproximaban á baixada do Monte das Oliveiras, a multitude de discípulos, cheos de alegría, comezaron a loar a Deus con grandes gritos, por todas as marabillas que tiñan visto. Dicían:
            ‑ Benia o que vén, coma rei, no nome do Señor. Paz no ceo, e gloria no máis alto!
            Algúns dos fariseos que estaban entre a xente, dixéronlle:
            ‑ Mestre, reprende a eses teus discípulos.
            Pero el respondeulles:
            ‑ Asegúrovos que se estes calan, falarán as pedras.

    Palabra do Señor                                         R/. Loámoste, Cristo

 

MISA

            A misa deste domingo ten tres lecturas, e é moi recomendable que se lean as tres, a non ser que algún motivo pastoral aconselle o contrario.
            Dada a importancia da lectura da historia da paixón do Señor, o sacerdote, tendo en conta a índole peculiar de cada asemblea en concreto, poderá ler, se é necesario, unha soa das dúas lecturas que preceden ao evanxeo, ou ben ler unicamente a historia da paixón, incluso na forma máis breve.

            Estas normas só teñen aplicación nas misas celebradas coa participación do pobo.


REMOL DA PALABRA-DOMINGO DE RAMOS
 ESQUEMA

FÓRA DO TEMPLO
SAÚDO  -    ESCOITA ACTIVA  -   BENDICIÓN DOS RAMOS
PROCLAMACIÓN DO EVANXEO DE LUCAS
CANTO PROCESIONAL:  Camiñando pola vida 

DENTRO DO TEMPLO
PROCLAMACIÓN DA PAIXÓN SEGUNDO LUCAS
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   -   CREDO   -   FRATERNIDADE ORANTE
OFERTORIO:  Aquí están Señor
PAZ:  Que veña a paz 
ORACIÓN    -  MIRADA ESPERANZADA   - BENDICIÓN


POWER POINTS

Comentarios

Publicacións populares