14 mar. 2016

ORACIÓN SEMANA CORESMA 5 - O NOSO PAI DO REVÉS


O NOSO PAI 
DO REVÉS

"Meu fillo que estás na terra,
preocupado, solitario, tentado,
eu coñezo perfectamente o teu nome
e pronúncioo como santificándoo,
porque te amo.

Non, non estás só, senón habitado por Min,
e xuntos construímos este reino
do que ti vas ser o herdeiro.

Gústame que fagas a miña vontade
porque a miña vontade é que ti sexas feliz
xa que a gloria de Deus é o home vivente.
Conta sempre comigo
e terás o pan para hoxe, non te preocupes,
só che pido que saibas compartilo cos teus irmáns.

Sabes que perdoo todas as túas ofensas
antes mesmo de que as cometas,
por iso pídoche que fagas o mesmo
cos que a ti che ofenden.

Para que nunca caias na tentación
cólleche forte da miña man..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario