ORACIÓN DOMINGO DE RAMOS

Domingo de Ramos - ciclo C



ATOPÁMONOS NO CAMIÑO
No camiño que nos leva á Pascua,
ímonos atopando, Señor, con moitas persoas.
Persoas alegres, persoas tristes; 

persoas ás que a vida lles sorrí,

persoas para ás que a esperanza se ve moi lonxe; 

persoas que fan da súa vida solidariedade, 

persoas para as que os demais son un frontón
no que rebotan as súas palabras,
as súas preocupacións, o seu sufrimento.
De todas elas somos compañeiros de viaxe. 

Con elas facemos tramos deste camiño da vida 

no que ti; Señor, te mostras.
Que aprendamos a non pasar de largo.
Que saibamos paramos, mirarlles aos ollos e: 

escoitar a súa palabra,

interpretar os seus silencios,
entender a súa mirada,
comprender os trazos dos seus rostros, 

penetrar na fondura dunha vida que e misterio 

para descubrir neles a túa presenza que nos chama
e nos di: vén, acompáñame, 
dáme a túa man. Amén.



Comentarios

Publicacións populares