Por Cristo considerei perda todas as cousas, conformándome á súa morte - Flp 3, 8-14

Domingo 5 de Coresma - ciclo C


EU CONFÉSOME PECADOR

Aquí estou, Xesús, 
coma a muller do evanxeo, 
aquí estou diante de ti e diante da miña comunidade: 
eu son pecador. 

Fixen o mal cos meus pensamentos, 
fixen o mal coas miñas palabras, 
fixen o mal cos meus feitos, 
fixen o mal coas miñas covardías, 
fixen o mal cos meus esquecementos. 

Aquí estou, Xesús, 
diante da miña comunidade 
e levando tamén comigo 
a carga dos seus membros. 

Non me sinto mellor ca ninguén, Xesús, 
síntome irmán de todos no pecado, 
e con todos quero sentirme irmán tamén 
á hora de acoller o teu perdón 
e á hora de loitar por corrixirme.

Son consciente, Xesús, 
do mal que podo facer co meu pecado. 
O meu egoísmo atrasa a hora da irmandade, 
o meu consumismo arrinca o pan da boca dos pobres, 
a miña comodidade fai que a unión necesaria esmoreza.

Aquí estou. Xesús, diante de ti, 
eu que son pecador, 
na procura do perdón e da forza de vida 
que vén de ti na comunidade.



Comentarios

Publicacións populares