5 mar. 2016

Deus reconciliounos consigo por medio de Cristo - 2 Cor 5, 17-21

Domingo 4 de Coresma - ciclo C


PARÁBOLA DO PAI BO

Eu quedarei mudo,
sen saber qué dicir, cómo falar. ..
Pero Ti sorprenderasme co teu amor,
coma sempre,
e antes de que eu abra a boca,
collerasme pala man
e dirasme, coma ao fillo pródigo,
Ven aos meus brazos, meu fillo, miña filla,
estou esperándote!

E daquela entenderei,
ao fin, a parábola do teu amor de Pai.
E quedará cravada no meu corazón,
para sempre,
coma un dardo fondo,
esa palabra que o di todo nos teus beizos:
FILLO, FILLA!

Oxalá eu poida dicir,
con todo o meu corazón e con todas as miñas forzas
esoutra palabra marabillosa:
PAI!

Porque Ti, Señor,
es verdadeiramente o noso Pai
e nós somos, de verdade, fillos teus. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario