O Pobo de Deus celebra a Pascua ao entrar na terra prometida - Xos 5, 9a. 10-12

Domingo 4 de Coresma - ciclo C


NA FESTA DO PAI

Veño á túa festa, Pai,
veño á túa festa.

Sei que non son merecente dela,
pero veño á túa festa,
porque sinto que ti me invitas.

Cantas veces estraguei coas miñas mans
as oportunidades que ti me deches
para construír a miña vida e a dos máis!

Dáme vergonza cruzar a soleira
e entrar, pero entro,
porque sinto que ti me invitas.

Cantas veces tamén ollei
de esguello e con desprezo
aos meus irmáns aos que ti queres tanto!
Cantas veces me vin xusto e perfecto
mentres ti saías cada mañá ao camiño
na procura dos fillos que amabas tenramente!

Cantas veces me despreocupei
dos que padecen abuso e marxinación!
Sei que non debía pasar esta porta,
pero veño á túa festa,
porque sinto que ti me invitas.


Comentarios

Publicacións populares