Domingo 5 de Coresma C
DOMINGO V DE
CORESMA - CICLO C
Primeira
Lectura Is 43, 16-21
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Velaí
procuro a renovación e darei de beber ao meu pobo
Así fala o Señor, que fixo un camiño
polo mar e unha verea polas augas impetuosas,
que
fixo saír carros e cabalos, un exército moi poderoso.
Eles deitaranse e non se levantarán,
apagáronse coma a torcida dun candil, extinguíronse.
Non
vos lembrades das cousas pasadas? Non comprendedes as cousas antigas?
Ollade: eu estou facendo algo novo;
xa agroma: non vos dades conta?
Si,
vou abrir un camiño no deserto, ríos na estepa.
Os animais do campo honraranme, os
chacais e os poliños da avestruz,
porque
porei augas no deserto, ríos no ermo,
para
darlle de beber ao meu pobo, ao meu escollido,
ó
pobo que eu criei para min, e que contará a miña loanza.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6
R/.
(3): O Señor fixo connosco cousas grandes, estamos cheos de alegría.
Cando
o Señor cambiou a sorte de Sión,
parecíanos
un soño.
A
boca enchéusenos de risos,
a
lingua de cantares.
Daquela
dicían os pagáns:
"O
Señor fixo con eles cousas grandes".
O
Señor fixo connosco cousas grandes,
estamos
cheos de alegría.
Cambia,
Señor, a nosa sorte,
coma
os regatos no deserto.
Os
que sementan entre bágoas,
recollen
entre cantares.
Cando
van, van chorando
os
que levan a semente.
Ó
viren, veñen cantando
os
que traen os seus monllos.
Segunda
Lectura Flp 3, 8-14
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS FILIPENSES
Por
Cristo considerei perda todas as cousas, conformándome á súa morte
Irmáns:
Todo me parece perda comparado coa
prominencia do coñecemento de Cristo Xesús, o meu Señor. Por El guindeino todo
e doulle tanto valor coma ao lixo con tal de gañar a Cristo e de vivir nel, sen
ter eu mesmo a xustiza da Lei, senón a xustiza que se recibe de Deus pola fe en
Cristo, a xustiza de Deus que nos chega pola fe, para o coñecer a El,
experimentar a forza da súa resurrección
e sintonizar cos seus sufrimentos, reproducindo en min a súa morte, para ver de
acadar tamén eu a resurrección dos mortos.
Non é que eu xa chegase á meta nin
que xa atinxira a perfección. Non. Eu aínda vou correndo, a ver se a alcanzo,
xa que tamén eu fun alcanzado por Cristo Xesús.
Irmáns, eu non boto de conta que a
teña atinxido.
Velaquí o único que fago: esquezo o
que queda atrás e, lanzándome cara ao que está diante, bulo para pillar o
premio ao que Deus desde arriba nos convoca en Cristo Xesús.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Xl 2, 12-13
Así
que, di o Señor,
convertédevos
a min de todo corazón;
porque
son benigno e misericordioso.
Evanxeo Xn 8, 1-11
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Quen
de vós estea sen pecado, sexa o primeiro en tirarlle a pedra
Naquel día, á tardiña, Xesús saíu
para o Monte das Oliveiras. Pero á alborada, presentouse outra vez no templo e
toda a xente veu onda el; el sentou e empezou a ensinar.
Os escribas e fariseos trouxéronlle
unha muller sorprendida en adulterio; puxérona no medio e medio e
preguntáronlle:
‑ Mestre, a esta muller collérona en
flagrante adulterio. Moisés, na Lei, mandounos apedrar a esta xente. Ti que
dis?
Preguntábanllo á mala fe para teren
así de que o acusar. Pero Xesús, abaixado, escribía co dedo na terra. Como lle
seguían preguntando, ergueuse e díxolles:
‑ Quen de entre vós non teña pecado,
que lle tire a primeira pedra. E, abaixándose outra vez, escribía na terra.
Pero eles, ao que o escoitaron, foron liscando un a un, comezando polos máis
vellos. Quedou el só coa muller, que
seguía no medio. Ergueuse entón e preguntoulle:
‑ Muller onde van? Ninguén te
condenou?
Ela respondeulle:
‑ Ninguén, Señor.
Díxolle Xesús:
‑ Tampouco eu te condeno: vaite e
desde agora non peques máis.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
UNHA MIRADA QUE LEVANTA OS/AS CAÍDOS/AS
5º CORESMA C
2016
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
CANTO
GOZOSO
·
ENTRADA:
Na noite escura
·
LECTURAS:
Arrepentido
·
OFERTORIO:
O Señor é o meu pastor
·
COMUÑÓN:
Seguirei os teus pasos
ESCOITA
ACTIVA
Nunha sociedade na que cada vez escoitamos máis falar
de paridade, a realidade vainos demostrando que aínda queda moi lonxe a utopía
da igualdade entre home e muller nos distintos eidos: a empresa, a política, a
investigación…. E non digamos dentro da Igrexa, na que a muller, na meirande
parte dos casos, é unha voz non escoitada e o que é peor, silenciada.
Por iso o encontro de Xesús coa muller adúltera que
hoxe escoitaremos no Evanxeo constitúe unha bafarada de aire fresco e, ao mesmo
tempo, esixe un esforzo final neste camiño coresmal para que a nosa sexa sempre
unha pegada de traballo a prol da igualdade.
Que a celebración que agora comezamos nos axude a non
facermos distincións, pois todos somos fill9s/as dun mesmo Deus e posuímos a
mesma dignidade.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
·
Porque somos extremadamente tolerantes
con nós mesmos e cos nosos erros; e extremadamente intransixentes cos dos
demais, SEÑOR, ENSÍNANOS A MIRAR COS TEUS OLLOS.
·
Polas veces nas que por medo, por
vergoña, por covardía, por quedar ben, por temer facer o ridículo… tiramos nós
a primeira pedra ou non saímos en defensa de quen é lapidado/a e menosprezado/a, CRISTO,
ENSÍNANOS A MIRAR COS TEUS OLLOS.
·
Porque a nosa Igrexa, sobre todo unha
boa parte da súa xerarquía, segue a considerar a muller como sinónimo de
tentación e de pecado, tirando a primeira e as seguintes pedras contra ela, SEÑOR,ENSÍNANOS
A MIRAR COS TEUS OLLOS.
·
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
·
As adúlteras deben ser apedradas,
segundo a lei. Así razoaban os escribas e os fariseos, os sabios e perfectos do
tempo de Xesús...Así seguen razoando os sabios e perfectos de todos os tempos,
os doutrinalmente seguros. No nome dun rigorismo dialéctico e dunha aplicación
literal da lei leváronse e lévanse a cabo infinidade de accións bárbaras, inxustas
e mesmo inhumanas. E nós somos coma os letrados e fariseos cando vivimos para
sorprender aos demais, cando facemos preguntas envelenadas para comprometer,
cando cuestionamos o que fan os demais aínda que nós non movamos nin un dedo,
cando nos conformamos con ser externos cumpridores de todas as prácticas
relixiosas, cando nos constituímos en xuíces condenadores dos demais, cando
aplicamos a lei sen descubrir o seu espírito. Por que suplicamos misericordia
para nós e berramos intransixencia para os demais?. Por que preferimos sempre
apedrar a salvar? No xigantesco patio da veciñanza no que convertemos o noso
mundo, enseguida nos arredamos e desaparecemos sen deixar rastro cando somos
interpelado/as e chamados/as a sermos coherentes.
·
Contraposto a isto, destaca a actitude
e, sobre todo, a mirada de Xesús. Cando ergue os seus ollos, a adúltera
descubre a alguén que a mira dun xeito distinto aos demais. Ata agora tiña
experiencia de dous tipos de mirada: a do desexo ou cobiza e a da condena.
Agora os seus ollos cruzan cos dun home que mira nela non un obxecto de pracer
nin un branco para as pedras, senón unha mirada que recoñece nela unha
dignidade pisada e menosprezada, unha mirada creadora que pon en pé a unha
muller que estaba tirada por terra. Ninguén en nome de lei ningunha, de ningún
principio nin de ningunha moral ten dereito a marxinar, condenar ou considerar
perdida a ningunha persoa. Velaquí o criterio co que Deus nos mira, tamén ás
mulleres.
·
Porque falar de salvación non é algo abstracto
e incomprensible, senón que salvación supón e concrétase en facer do lugar onde
esteamos un espazo de acollida no que ninguén se poida sentir excluído,
explotado, silenciado, desconsiderado ou desprezado. A salvación de Deus pasa
pola salvación de todo o humano... A adúltera ten hoxe rostro e nome, o rostro
e o nome de tantas e tantas persoas ás que nós condenamos, marxinamos,
reducimos ao silencio.....deixándonos levar de vellos prexuízos e esquecendo,
unha vez máis, aquilo que tan claro está na Palabra: “Misericordia quero e non
sacrificios”.
FRATERNIDADE
ORANTE
Con sinceridade de corazón, queremos, Señor, compartir
as nosas preocupacións e ledicias, e facémolo dicindo:
QUE A NOSA SEXA UNHA
PEGADA DE IGUALDADE
· Pola
Igrexa,para que neste tempo de graza sexa quen de abrir as súas fiestras para
botar fóra dela tanto fariseísmo que enche de po os recintos sagrados, as
conductas correctas, as institucións venerables, OREMOS
QUE A NOSA SEXA UNHA
PEGADA DE IGUALDADE
· Polas
nosas comunidades, para que recoñezamos que todos necesitamos ser perdoados e
perdoar, para descubrir a novidade refrescante e humanizadora que nos trae
Xesús, OREMOS.
QUE A NOSA SEXA UNHA
PEGADA DE IGUALDADE
· Por
nós, para que nunca caiamos na doada tentación de tirar a primeira pedra, senón
que sempre saibamos mirar coa mirada limpa e agarimosa de Xesús, que levanta a
quen está caído, OREMOS.
QUE A NOSA SEXA UNHA
PEGADA DE IGUALDADE
Grazas, Señor, por abrirnos os ollos e mostrarnos que
non é nas falsas seguridades dos templos, senón nas dificultades da vida, onde
temos que descubrirte e saber acompañar a cantos se senten débiles e necesitados
da nosa presenza. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Os teus debuxos no chan
tiveron un efecto sorprendente:
romperon o círculo moralista e acusador
e, a soas contigo, por primeira vez,
sentinme libre.
Os teus debuxos no chan
foron o primeiro espello non enganoso
que me fixo ver o meu rostro triste,
o meu ser pobre e vacilante,
os meus medos de sempre.
Os teus debuxos no chan
crearon un silencio fondo,
pois puxeron ao descuberto
a tráxica parodia que vivimos
cando nos cremos diferentes.
Os teus debuxos no
chan
devolvéronme a dignidade perdida,
cando o teu dedo suave e firme,
co po de sempre e coas miñas bágoas perdidas,
debuxaron de novo o meu rostro riseiro.
Despois erguícheste,
serenamente miraches os meus ollos,
bicáchesme coma ninguén
e dixécheslle ao aire: vai e vive; xa sabes.
E eu non me atrevín a abrazarte.
Pero levo os teus debuxos do chan
tatuados na miña pel para sempre.
Comentarios
Publicar un comentario