San Froilán - 5 de outubro
Froilán, Vida
Froilán é un nome propio masculino de orixe xermana na súa variante en galega. Provén do xermano antigo Froilanen, acusativo de Froila, do gótico fraujis («amo, señor»), de onde deriva froi, xunto ao diminutivo ila, polo que significa «pequeno señor». Nome galego usado no antigo Reino de Galicia, pasou de aí ao castelán. Actualmente só 41 homes levan o nome en Galicia, curiosamente só 20 en Lugo (malia ser o patrón) e ningún na provincia de Ourense. En España abunda especialmente en León, con 165 varóns que levan o nome
NOVENA DE SAN FROILÁN
Día primeiro
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
San Froilán
nace en Lugo. Quizais sexa o fillo máis ilustre da nosa cidade.
Aquí sentiu
a chamada de Deus, á que xenerosamente deu resposta senreservas.
Palabra de Deus : Mt 4,17-25
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Mateo
Por non teren raíces e
seren inconstantes, mal veñen as dificultades ou a persecución por causa da
Palabra, de seguida abandonan. 18A outros pásalles coma á semente caída entre
as silvas: si escoitan a Palabra, 19pero moi axiña as preocupacións do mundo, o
engano das riquezas e mais as ambicións, asolágana, afógana, e queda sen
froito. 20Pero os que son coma a boa terra, escóitana, acóllena e dan moito
froito: uns o trinta, outros o sesenta, e outros o cento por un.
21E dicíalles tamén:
‑Pero ¿é que se trae un
candil para metelo debaixo dun cazolo ou debaixo da cama? ¿Non será para poñelo
enriba do candeeiro? 22Porque se hai algo oculto, é para que se descubra; nin
nada se fai en secreto, se non é para traelo á luz pública. 23Quen teña oídos
para oír, que escoite.
24Dicíalles tamén:
‑Atendede ben ó que
estades escoitando. Coa medida que midades, hanvos medir a vós, e ben sobrado.
25Porque ó que ten, háselle dar; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle
quitará.
Reflexión
Deus chámanos
a todos de diversas maneiras.
A ti tamén.
Cal é a túa resposta? É a túa vida o que Deus espera de ti.
Deus espera
para darlle plenitude e fecundidade á túa vida.
Non poñas
como desculpa que non es capaz: pensa que
"Deus
non elixe aos máis capaces, senón que capacita aos que elixe"
Propósito
Amar a
verdade e ser fiel á miña propia conciencia, a través da cal Deus fálame no
momento oportuno.
Petición
Oración
para o día primeiro : Polas familias
Oh Deus,
orixe e fundamento de toda comunidade. Fai que nas nosas
familias
imitemos as mesmas virtudes e o mesmo amor da Santa Familia de Nazaret
para que,
reunidos xuntos na túa casa, podamos un día gozar da Gloria Eterna. Amén
Noso Pai + Oración a San Froilán
Día segundo
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
O mozo
Froilán busca a Deus retirándose ao deserto, lonxe do mundo.
Como el,
tamén nós temos a obrigación de buscar a Deus cada vez máis. Pero o noso camiño
non é o da soidade e abandono do mundo, senón en medio dos afáns e ocupacións
da vida, compartida cos demais: no fogar, na profesión, nos negocios?
Palabra de Deus : Mt 9,9-13
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Mateo
9O pasar Xesús por alí,
viu un home sentado ó mostrador da contribución, chamado Mateu, e díxolle:
‑Sígueme.
El ergueuse e seguiuno.
10E resulta que,
estando á mesa na casa, viñeron moitos recadadores e pecadores, e puxéronse
tamén á mesa con Xesús e mais os seus discípulos. 11Cando tal viron os
fariseos, dixéronlle ós discípulos del:
‑¿Como é que o voso
Mestre está a comer con recadadores e pecadores?
12El oíunos e dixo:
‑Non son os sans senón
os enfermos os que precisan de médico. 13Ide, pois, aprender o que significa
aquilo de Misericordia quero e non sacrificios. Porque non vin chamar polos
xustos, senón polos pecadores.
Reflexión
Que
obstáculos poño entre Deus e eu?
Serán as
miñas ansias desmedidas de benestar e pracer?
Ocupo algún
tempo do día na reflexión e a oración?
Propósito
Esforzarme
en facer o traballo de cada día como un encomio a Deus e un servizo ao próximo.
Petición
Oración
para o día segundo : Polos esposos
Señor, ti
que chamaches ao home e a muller para fundar unha familia;
dálles a
graza de vivir con amor a súa altísima vocación cristiá.
Que cada
fogar sexa remanso de paz para os que nel viven
e lugar de
acollida para os que a el se acheguen. Amén
Noso Pai + Oración a San Froilán
Día terceiro
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
A
austeridade da vida de Froilán contrasta co relaxo dos costumes
daquela
sociedade ocupada só en guerras e contendas.
Palabra de Deus : Mt 5,13-16
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Mateo
13Vós sodes o sal da
terra. Pero se o sal se volve insulso, ¿con que se vai salgar? Para nada vale
xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.
14Vós sodes a luz do
mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun monte. 15Tampouco
se acende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o candeeiro,
para que alume a todos os da casa. 16Alume así a vosa luz ós homes, para que,
vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos.
Reflexión
É a miña
vida cristiá un testemuño de fe ante un mundo que non ten en conta a Deus?
Propósito
Controlar os
nosos malos desexos que brotan das insinuacións do mundo e da carne.
Petición
Oración
para o día terceiro: Polos pais
Señor Deus,
que nos mandaches honrar pai e nai.
Escoita a
oración que por eles che diriximos.
Concédelles
longos días de vida e consérvaos en saúde de corpo e espírito.
Bendí as súas fatigas. Que nós sexamos algún día
a súa axuda e o seu consolo;
e despois de
gozar do seu amor na terra,
teñamos a
alegría de vivir eternamente con eles no ceo. Amén.
Noso Pai + Oración
a San Froilán
Día cuarto
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
Por seguir a Xesús pobre, o mozo Froilán renuncia aos seus bens. O Señor dixérao: "O
que queira seguirme, néguese a se mesmo, tome a súa cruz e sígame". "O
que non renuncia a todos os seus bens, non pode ser discípulo meu".
Palabra de Deus : Mc 10,23-31
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Mateo
23Xesús mirando todo
arredor, díxolles ós discípulos:
‑¡Que difícil lles vai
ser ós ricos entrar no Reino de Deus!
24E os discípulos
ficaron moi sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu a insistir:
‑Fillos, ¡que difícil é
entrar no Reino de Deus! 25É máis doado para un camelo pasar polo ollo dunha
agulla, do que para un rico entrar no Reino de Deus.
26Eles, aínda moi
asombrados, comentaban entre si:
‑Entón, ¿quen se vai
poder salvar?
27Xesús, mirando para
eles fixamente, dixo:
‑Si, para os homes é
imposible, pero non para Deus; pois todo é posible para Deus.
28Colle Pedro e di:
‑Pois nós deixámolo
todo, e seguímoste.
29Dixo Xesús:
‑Tende por seguro que
non hai ninguén que deixe casa ou irmáns ou irmás ou nai ou pai, ou fillos ou
leiras por cousa miña e polo Evanxeo, 30que pase sen recibir cen veces máis en
casas, irmáns, irmás, nai, pai, fillos e leiras (aínda que con persecución)
agora, e que no mundo futuro non reciba a vida eterna. 31E moitos que son os
primeiros serán os últimos; e moitos que son os últimos serán os primeiros.
Reflexión
Deixámonos
arrastrar polo afán desmedido das cousas? Que uso fago eu dos bens que posúo?
Uso as
riquezas que posúo para facer o ben? Son obstáculo para a miña vida cristiá?
Propósito
Entregar
para obras boas o importe dalgunha cousa que me gustaría posuír.
Petición
Oración
para o día cuarto : Polo porvir dos
fillos
Señor,
ilumina a mente dos fillos das nosas familias,
para que
coñezan o camiño que ti quixeches para eles.
Sostenlos
coa túa forza para que non se conformen con ideais fáciles.
Ilumina aos
pais para que lles axuden a recoñecer a súa vocación
e realizala
xenerosamente, sen pór obstáculos ás túas inspiracións. Amén
Noso Pai + Oración
a San Froilán
Día quinto
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
Froilán,
cheo de ansias de perfección cristiá, ingresa nun mosteiro da orde de San Bieito.
Desta forma, ofrécese a Deus de maneira total, mediante o exercicio dos
consellos evanxélicos.
Palabra de Deus : Mt 10,16-20.26-31
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Mateo
16¡Vede que vos mando
coma ovellas entre lobos! Así que sede prudentes coma as serpes e sinxelos coma
as pombas. 17Tede coidado coa xente, porque entregaranvos ós tribunais e hanvos
azoutar nas sinagogas. 18E pola miña causa hanvos levar ante gobernadores e
reis, así daredes testemuño de min diante deles e dos pagáns.
19E cando vos entreguen, non andedes angustiados
polo como ou polo que ides dicir, porque naquela hora hásevos inspirar o que tendes que dicir. 20Non sodes vós os que
falaredes, senón que será o Espírito de meu Pai quen falará por vós.
26Pero non lles teñades
medo, que non hai cousa encuberta que non se acabe descubrindo, nin cousa
oculta que non se acabe sabendo. 27O que vos digo na escuridade faládeo á plena
luz; e o que oídes ás agachadas pregoádeo desde as azoteas.
28Non lles teñades medo
ós que matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que
pode arruinar o corpo e a alma no inferno. 29¿Non se venden un par de pardais
por catro patacos? E non cae o primeiro no chan sen o consentimento do voso
Pai.
30Pois vós, mesmo tedes
contados os pelos todos da cabeza. 31Así que non teñades medo, que vós valedes
máis ca todos os pardais xuntos.
Reflexión
Fíome
verdadeiramente do amor de Deus, o noso Pai?
Como
respondo eu aos compromisos contraídos ante Deus o día do meu bautismo?
Busco a miña
perfección cristiá dentro do meu propio estado de vida?
Propósito
Esforzarme
en aceptar a vontade de Deus, por custosa que sexa
Petición
Oración para
o día quinto : Polos mozos
Encomendámosche,
Señor, á nosa mocidade: os nenos, os adolescentes e
os
estudantes; os soldados, os noivos, os novos esposos, os pais
novos.
Dálles saúde, sabedoría e alegría de vivir na túa presenza. Que poidan
percibir o
teu amor como fillos queridos. Concede aos mestres, aos
educadores e
aos xefes o teu espírito de comprensión e amor. Amén.
Noso Pai Noso + Oración
a San Froilán
Día sexto
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
Para
Froilán, a vida non foi máis que unha entrega a Deus e un servizo aos seus
irmáns.
Palabra de Deus : Lc 6,27-38
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Lucas
27Pero a vós, que me
escoitades, dígovos: Amade os vosos inimigos, facédelles ben ós que vos odian,
28bendicide ós que vos maldín e rogade polos que vos calumnian; 29ó que che
zoupe nunha meixela, preséntalle a outra; e ó que che leve o manto, non lle
prives de levar tamén a túnica. 30O que che pida, dálle; e ó que che leve o
teu, non lle reclames nada. 31Así que tratade á xente tal como queredes que vos
traten a vós.
32Se amades os que vos
aman, ¿que facedes de máis? Os pecadores tamén aman a quen os aman a eles. 33E
se lles facedes ben ós que vos fan ben, ¿que mérito tedes? Os pecadores fan
outro tanto. 34E, se non emprestades máis que cando esperades cobrar, ¡poucas
grazas! Os pecadores tamén se emprestan entre eles para cobraren despois outro
tanto. 35Vosoutros non; vós amade os vosos inimigos, facede o ben e emprestade
sen esperardes nada a cambio. E así teredes unha gran recompensa e seredes
fillos do Altísimo, pois El é bo cos malos e desagradecidos. 36Sede compasivos
coma o voso Pai é compasivo.
37Non xulguedes, e non
vos xulgarán; non condenedes, e non vos condenarán; perdoade, e hanvos perdoar.
38Dade, e darásevos a vós: unha boa medida ‑acugulada, rebordada, apretada‑
seravos botada no voso regazo; pois coa medida que midades hanvos medir a vós.
Reflexión
Que é a vida
para ti? Gozar de todo, sen freo nin límites?
Ou é a gran
oportunidade de alcanzar a Deus polo camiño da santidade, é dicir da perfección
no amor e do servizo aos demais?
Propósito
Revisar a
miña propia vida e corrixir canto poida ser un obstáculo á miña condición
cristiá.
Petición
Oración
para o sexto día: Polos anciáns
Oh Deus
eterno, que no transcurso dos anos permaneces sempre o mesmo;
está preto
dos anciáns.
Aínda que o
seu corpo se debilite, fai que o seu espírito sexa forte,
para que con
paciencia poidan soportar as fatigas e as aflicións
e, ao fin,
saír ao teu encontro con paz e serenidade. Amén.
Noso Pai + Oración a San Froilán
Día sétimo
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
A oración e
o traballo enchen os días do monxe Froilán, mentres permanece no mosteiro. Así
foi preparándose para a misión que Deus lle había de encomendar no mundo.
Palabra de Deus: Mt 6,5-13
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Mateo
5Cando recedes non
fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e
nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron
a súa recompensa. 6Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto,
pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segredo; e teu Pai, que ve o
segredo, hate recompensar.
7E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros
coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar. 8Non
sexades coma eles, porque voso Pai ben sabe o que precisades xa antes de que
llo pidades.
Noso Pai que estás no
ceo,
santificado sexa o teu
nome;
10veña o teu Reino,
fágase a túa vontade
así na terra coma no
ceo.
11Dános hoxe o noso pan
de cada día.
12E perdoa as nosas
débedas
como tamén nós
perdoamos xa ós nosos debedores.
13E non nos sometas á
tentación,
mais líbranos do Malo.
Reflexión
Como encho
eu as horas do cada día? Perdo o tempo en entretementos vans e inútiles?
Acompaño coa
oración as actividades do día?
Propósito
Cada mañá,
ao levantarme, ofrecer a Deus o traballo e os sufrimentos do día.
Petición
Oración
para e día sétimo: Polos enfermos
Oh Deus,
cuxo Fillo Xesucristo quixo compartir connosco a pobreza,
a debilidade
e o sufrimento humano.
Bendí aos
nosos irmáns enfermos,
para que nas
angustias e dores non sentan sós,
senón unidos
a Cristo, médico do corpo e da alma,
e gocen da
consolación prometida aos aflixidos. Amén.
Noso Pai + Oración
a San Froilán
Día oitavo
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
Cheo do celo
da gloria de Deus e a salvación das almas, Froilán deixa o claustro monacal e
predica aos homes a Palabra de Deus e a conversión da súa mala vida.
Palabra de Deus : Lc 10,1-12
Lectura do
santo Evanxeo segundo san Lucas
1Despois disto designou
o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a
tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2Díxolles:
‑A anada évos ben boa,
pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono da colleita que mande
xornaleiros á súa ceifa.
3Ide e sabede que vos
mando coma años entre lobos. 4Non levedes saco, nin alforxa, nin calzado, nin
vos paredes a parolar con ninguén polo camiño. 5Cando entredes nunha casa,
antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E se alí hai xente de
paz, sobre ela repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco.
7Permanecede na mesma casa, comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten
dereito ó seu xornal. Non andedes dunha casa para outra. 8Cando entredes nunha
vila e vos acollan, comede do que vos poñan, 9curade os enfermos que haxa e
dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus". 10Pero cando non vos
acollan na vila na que entredes, saíde ás prazas dicindo: 11Non queremos levar
da vosa vila nin o po que se nos pegou ós pés. Aí vos queda.
Pero sabede que xa
chega o Reino de Deus. 12Asegúrovos que o Día do Xuízo será máis livián para
Sodoma do que para aquela vila.
Reflexión
Como escoito
eu a Palabra de Deus que constantemente me chama á conversión?
Sigo
indeciso cando sinto a necesidade de abandonar a miña vida de morneza e abandono?
Propósito
Escoitar con
actitude de fe a Palabra de Deus e non quedar indiferente á súa chamada.
Petición
Oración
para o día oitavo: Polos parentes e amigos
Oh Deus, que
pola graza do Espírito Santo derramas sobre os crentes os dons do teu amor;
concede aos nosos parentes e amigos a saúde da
alma e do corpo,
para que te amen con todo o corazón e cumpran
con amor
o que é
grato á túa vontade. Amén
Noso Pai + Oración a San Froilán
Día noveno
Oración inicial
Consideracións sobre a vida de San
Froilán
Polos
grandes dons do Espírito Santo que adornaban a súa figura de apóstolo, Froilán
é elixido bispo para rexer a Diocese de León. A ela entregou a súa vida ata a
morte, con total xenerosidade. A santidade da súa vida foi recoñecida por toda
a Igrexa, que lle venera como santo: San Froilán, honra da nosa cidade de Lugo
e Patrón singular da nosa Parroquia. Nel temos un intercesor poderoso diante de
Deus.
Palabra de Deus : 2
Tim 4,1-8
Da segunda
Carta de San Pablo a Timoteo.
1E pídoche por favor
unha cousa diante de Deus e de Cristo Xesús, que ha vir xulgar a vivos e
mortos, pola súa vinda gloriosa e polo seu reinado: 2pregoa a palabra, insiste
a tempo e a destempo, corrixe, reprende, aconsella con toda a paciencia que
require a doutrina.
3Porque virán tempos
nos que non escoitarán a verdadeira doutrina, senón que, conforme os seus
caprichos, amorearán mestres que lles agarimen os oídos. 4Afastaranse de
escoitar a verdade e extraviaranse polo terreo dos mitos.
5Ti, en troques,
mantente sobrio en todo, soporta o mal, fai obra de evanxelista, cumpre ben o
teu servizo. 6Porque a min xa me falta pouco para derramar o meu sangue, e o
meu pasamento está a chegar. 7Combatín unha loita brillante, rematei a miña
carreira, gardei a fe. 8O que me resta é a coroa da xustiza que me está
reservada. E o Señor, que é xuíz xusto, hama entregar aquel Día.
E non só a min senón a
tódolos que arelan a súa Vinda gloriosa.
Reflexión
Sinto
devoción e veneración por este santo, modelo de entrega a Deus? Coñezo a súa
vida?
Estimo como
se merece o pertencer á Igrexa?
Colaboro,
segundo as miñas posibilidades, na vida e na acción pastoral que nela se
desenvolve?
Propósito
Participar
na Misa dominical e, se é posible tomar parte activa nalgunha das actividades
pastorais da Parroquia, para ser máis útil aos demais: catequese, Cáritas,
liturxia, esmolas, etc.
Petición
Oración
para o último día: Polas vocacións sacerdotais
Oh Deus, que
provés á túa Igrexa dos ministros do teu Evanxeo;
fai madurar
tamén na nosa parroquia os xermes da vocación sacerdotal,
para que as
nosas comunidades cristiás poidan contar cos sacerdotes
que lles
prediquen a Palabra de Deus, lles administren os Sacramentos da salvación
e lles animen
a vivir e perseverar na fe. Amén.
Noso Pai + Oración a San Froilán
Comentarios
Publicar un comentario