Congregarei cegos e coxos - Xer 31, 7-9
Domingo 30 do Tpo. Ordinario - ciclo B
SENTINME
COMA O CEGO
Hoxe, cando lin o teu evanxeo,
sentinme coma o cego
á beira do camiño.
Vinme pedindo esmolas
de recoñecemento,
de aceptación e de cariño.
Vinme con medo a que a xente
que pasa tan cerca, non me mire,
e me ignore, como se non existo.
Pero oín que ti vés polo mesmo camiño
e, superando os meus medos e vergoñas,
púxenme a gritar o teu nome: Xesús!
E xa non son o mesmo,
xa vexo, véxome como son.
E véxote a Ti
e vexo o camiño
e camiño contigo...
Javier García
Comentarios
Publicar un comentario