E farán unha soa carne - Xen 2, 18-24

Domingo 27 do Tempo ordinario - ciclo B


NA ESCOLA DO AMOR

Se es home e tes muller,
se es muller e tes home,
considérate feliz,
estás cumprindo devotamente
co primeiro mandamento de Deus:
facervos dous nunha soa carne.

Goza coa túa parella:
coa súa compaña, coa súa palabra,
co seu consolo, co seu alento,
coa súa risa, cos seus bicos,
cos seus abrazos, co seu sexo,
co seu corpo e co seu espírito.

É a compañeira ou compañeiro
que Deus che deu.
O seu primeiro e mellor regalo.

Se tes home ou muller,
aprende a dar e recibir,
a falar e escoitar,
a perdoar e ser perdoado.

Zurce cada noite con paciencia
o pano do amor
gastado quizabes coa trasfega da xornada.
Que nunca se poña o sol
sobre o teu corazón engurrado.

Fai do teu namoramento
unha escala diaria de amor,
para que afines os teus amores
cos peregrinos
que pasan diante da túa casa,
sen ter onde pousar la cabeza.

Foi do teu amor
unha escala de liberdade.
Recorre con el o longo camiño
que leva ao corazón de Deus,
e á construción dunha terra máis xusta.


Comentarios

Publicacións populares