4 oct. 2015

O consagrante e os consagrados teñen que ser todos da mesma liñaxe - Heb 2, 9-11

Domingo 27 do Tempo ordinario - ciclo B


PENSEI E RECEI

Pensei e recei.
Temín darche as chaves do meu corazón.
Seguín pensando e rezando,
seguín vivindo,
e por fin dei o paso e entregueiche
as chaves do meu corazón.

Mais toda a miña loita foi en van.
Ti no querías as chaves.
Volvíchesmas dar,
e dixéchesme:
ti es o dono,
manda e goberna.
Eu estou contigo.
                   
Manolo Regal, As chaves do corazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario