Domingo de TÓDOLOS SANTOS - 1 de novembro
Día
1 de novembro
FESTA
DE TÓDOLOS SANTOS
PRIMEIRA LECTURA Ap 7, 2-4. 9-14
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE
Eu vin: velaí unha amplísima multitude, que ninguén podía contar, de tódalas nacións e tribus e pobos e linguas
2Vin outro
anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles
a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de
dana-la terra e o mar: 3''¡Non lles
fagades mal á terra nin ó mar, nin ás árbores, ata
que marquemos co selo na testa os
servos do noso Deus!''. 4E oín o número dos que
tiñan a marca, cento corenta e catro
mil, marcados de entre tódalas tribos dos fillos de
Israel.
9Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que
ninguén era capaz de contar, de
tódalas nacións, familias, razas, pobos e linguas,
en pé diante do trono do Año. Vestían
roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.
10Proclamaban con grande voz:
''A salvación perténcelle ó noso Deus,
que senta no trono, e mais ó Año''.
11Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono,
dos anciáns, e dos catro animais,
postráronse diante do trono para adoraren a Deus.
12Proclamaban:
''¡Amén! A bendición, a gloria, a sabiduría,
a acción de gracias, a honra,
o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus,
polos séculos dos séculos. Amén''.
13Un dos anciáns preguntoume: ''¿Quen son e de onde
viñeron estes que van vestidos de
roupa branca?''. 14Eu respondinlle: ''Meu Señor, ti
xa o sabes''. E díxome: ''Estes son os
que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os
seus vestidos e branquexáronnos
co sangue do Año.
SAL.
RESP. Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6
R/ (cf 6) Esta é a liñaxe dos que buscan a túa
presencia, Señor
Do Señor é a terra e canto a enche,
o orbe e
canto nel habita.
2El é quen a fundou sobre os mares
e quen a
asegurou sobre as correntes.
3¿Quen poderá
subir ó monte do Señor?
¿Quen poderá
quedar no seu santuario?
4O que ten as
mans limpas e puro o corazón,
o que non pon
a mente en cousas vas
e non xura
nunca en falso.
5Ese recibirá do Señor bendición
e xustiza de
Deus, o seu salvador.
6Así é a liñaxe dos que o buscan,
dos que
buscan a presencia do Deus de Xacob.
SEGUNDA 1 Xn 3, 1-3
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN
Veremos a
Deus tal como é
Benqueridos irmáns e irmás:
3 1Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos
chamarmos fillos de Deus e sérmolo de
verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque
tampouco non o recoñeceu a El.
2Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda
non está á vista o que seremos;
sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma
El, xa que o veremos tal e como
é. 3Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza,
trata de vivir unha vida limpa, para
ser limpo coma El.
ALELUIA
Mt 11, 28
Achegádevos a
min tódolos que estades cansos
e orpimidos,
que eu vos aliviarei, di o Señor
EVANXEO Mt 5, 1-12a
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Alegrádevos e
exultade, porque a vosa recompensa é
grande nos ceos
Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou.
Achegáronselle os seus discípulos, 2e el, tomando a palabra, ensinábaos
dicindo:
-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,
porque deles é o Reino dos Ceos.
4Ditosos os que choran,
porque eles serán consolados.
5Ditosos os non violentos,
porque eles herdarán a terra.
6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
7Ditosos os misericordiosos,
porque eles acadarán a misericordia.
8Ditosos os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
9Ditosos os que traballan pola paz
porque eles serán chamados fillos de Deus.
10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos Ceos.
11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e
calumnien de calquera xeito pola miña
causa: 12alegrádevos e reloucade, porque grande será
a vosa recompensa nos Ceos.
Na casa común -o noso mundo- que nos abre a unha comuñón
cósmica e misericordiosa, mantemos viva a gratitude da memoria que nos fai
presentes as vidas das persoas de ben que se foron, deixándonos a súa pegada
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
POWER POINTS
Todolos Santos
Benventuranzas para ser santos
Todos os Santos B
CANTO GOZOSO
§ ENTRADA: Benaventurados
Todolos Santos
Benventuranzas para ser santos
Todos os Santos B
CANTO GOZOSO
§ ENTRADA: Benaventurados
ESCOITA ACTIVA
Para os que temos
fe, e non aproveitamos as festas relixiosas para aparcar a Deus e irnos lonxe,
o día de hoxe quere ser unha homenaxe e un recoñecemento a todas as persoas que
teñen sido para nós auténticas e verdadeiras testemuñas de entrega e
xenerosidade. Nas súas vidas vemos expresada a posibilidade de facer do
proxecto de Xesús unha maneira de ser feliz e de facer felices aos demais.
Daquela, é un día para o recoñecemento agradecido do moito que temos aprendido
de tantas persoas, na maioría das veces anónimas e sen presenza nin pretensión
de aparecer nos programas de televisión de máis audiencia.
Quen pasa facendo o
ben non necesita nin ser famoso nin aparecer nos medios de comunicación, senón
que o seu paso é calado e entregado a poñer sorriso e corazón quente aos
desherdados deste mundo, tan sobrado de tantas cousas, e tan falto de amor e
tempo para os demais.
Participemos, xa
que logo, desta celebración facendo memoria agradecida do testemuño de vida de
tódolos homes e mulleres que sen facer barullo deixáronnos a súa entrega
xenerosa pola que, inda sen estar no calendario, son para nós exemplos de
santidade.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
ü Porque non queremos
aprender do testemuño entregado e xeneroso da xente sinxela e boa; SEÑOR, QUE NO NOSO CORAZÓN NON ENTRE O
EGOÍSMO.
ü Porque pensamos que
a santidade non é posible en nós, e deixámonos ir polo camiño da desconfianza e
o escepticismo; CRISTO, QUE NO NOSO
CORAZÓN NON ENTRE O EGOÍSMO.
ü Porque nos custa
entender que Deus se manifesta nos pequenos, necesitados e débiles; SEÑOR, QUE NO NOSO CORAZÓN NON ENTRE O
EGOÍSMO.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
Ø
Benaventurados os misericordiosos: Hoxe é o día dos Benaventurados
–felices-. E inda que adoitamos ir ao cemiterio para rezar –coido- aos nosos
seres queridos defuntos e tamén aproveitamos para levar flores e limpar o
panteón onde repousan os seus restos non deberamos esquecer que o que celebra
hoxe a Igrexa non é un día de tristura e nostalxia, senón que para nós os
crentes, este é o día da esperanza e o gozo. Si, porque son estas as dúas
grandes categorías teolóxicas e existenciais coas que os crentes queremos
expresar que logo do noso paso pola vida o que nos espera é sentírmonos
apertados pola tenrura dos brazos acolledores de Deus. De aí que na celebración
na que estamos a participar sexa o branco, sinal de triunfo e vida plena en
Deus, a cor litúrxica que utilizamos. Triunfo, gozo, esperanza, resurrección e
vida en plenitude son as palabras que mellor expresan o que estamos a compartir
neste primeiro de novembro. Unha mirada e experiencia positiva en Deus, a
través da vida de todas esas persoas que pasaron facendo o ben, acollendo, acompañando
e poñendo toda a súa enerxía vital ao servizo do sorriso compartido e da
construción dun mundo mellor, onde o humano prime sobre o tecnolóxico, e as
persoas estean por riba de ideas ou beneficios. Benaventurados, porque fixeron
da súa vida misericordia –poñer o corazón nos máis míseros/pobres-, cantos
fixeron da súa vida un canto solidario, xusto e humanizador. E nós, sabedores
de todo o seu esforzo, non podemos dicir máis ca grazas.
Ø
Benaventurados os que viven desde a
misericordia: Grazas ao esforzo
de todas estas persoas, ao seu exemplo e perseveranza, tamén nós hoxe damos
grazas a Deus polo testemuño de tanta xente que dun cabo ao outro do noso
mundo, non desfalece para levar a misericordia que fai que non arrefríen os
nosos corazóns e poidamos seguir crendo na capacidade do ser humano de facer
cousas, de xeito desinteresado, polos demais. Vivir da misericordia ha ser,
entón, tarefa permanente en cantos queremos seguir chamándonos, porque nos
entusiasma a súa mensaxe e a súa persoa, seguidores de Xesús.
Ø
Benaventurados os que fan da
misericordia o seu estilo de vida: E porque falar de misericordia non pode reducirse a unha discusión de
escola teolóxica nin a unha “performance” que chame a atención; pero non inflúa
na nosa vida, damos tamén hoxe grazas a Deus polo grandioso testemuño ofrecido
nas persoas que fan do seu estilo de vida a resposta da invitación de Xesús
cando di: Vén e sígueme.
FRATERNIDADE
ORANTE
Poñamos o corazón
en actitude de acoller a presenza do Espírito, para que nos alente e anime para
aprender a celebrar e compartir a fe comunitariamente, e digamos:
GRAZAS, SEÑOR, POLAS VIDAS E TESTEMUÑO
DE SANTIDADE
DE TANTAS PERSOAS ANÓNIMAS
·
Para que na Igrexa saibamos valorar e
dignificar o esforzo, moitas veces criticado e incomprendido, de tantas persoas
que fan da súa vida unha experiencia de xenerosidade, poñendo o seu tempo e o
mellor de si ao servizo de canto leva paz e xustiza ao corazón dos máis
excluídos, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLAS VIDAS E TESTEMUÑO
DE SANTIDADE
DE TANTAS PERSOAS ANÓNIMAS
·
Por cantos hoxe celebramos con gozo e
esperanza esta festa de Tódolos Santos, para que saibamos, agradecidos,
poñerlle nome e apelido a tódalas persoas que temos coñecido e tratado e que
foron para nós exemplo de vida cristiá e verdadeira santidade, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLAS VIDAS E TESTEMUÑO
DE SANTIDADE
DE TANTAS PERSOAS ANÓNIMAS
·
Por nós, para que esteamos cos ollos sempre abertos e os oídos atentos, e
así aprendamos da entrega, sempre solidaria e alegre, de todas as persoas que
poñen a súa vida ao servizo dos máis esquecidos e descartados do noso mundo: os
enfermos, os refuxiados, os perseguidos, os encarcerados, os parad@s, @s
maltratad@s..., OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLAS VIDAS E TESTEMUÑO
DE SANTIDADE
DE TANTAS PERSOAS ANÓNIMAS
Señor, acolle a
oración que hoxe, día de Tódolos Santos, poñemos na túa man. Dámosche grazas
porque o seu testemuño, enchoupado de misericordia, é sempre para nós pulo de
esperanza e alegría na nosa vida. P.X.N.S. Amén.
MIRADA
ESPERANZADA
Axúdanos, Señor, a que os nosos ollos sexan misericordiosos, para que
endexamais desconfiemos ou xulguemos segundo as aparencias, senón que busquemos
o fermoso na alma do noso próximo e acudamos a axudarlle.
Axúdanos, Señor, a que os nosos oídos sexan misericordiosos, para que
teñamos en conta as necesidades do noso próximo e non sexamos indiferentes aos
seus sufrimentos e queixas.
Axúdanos, Señor, a que a nosa lingua sexa misericordiosa, para que
endexamais falemos negativamente do noso próximo, senón que sempre teñamos unha
palabra de consolo e perdón para todas as persoas.
Axúdanos, Señor, a que as nosas mans sexan misericordiosas e estean
cheas de boas obras, para que lle saibamos facer ao noso próximo exclusivamente
o ben e carguemos sobre nós as tarefas máis difíciles e penosas.
Axúdanos, Señor, para que os nosos pés sexan misericordiosos, vencendo
a propia fatiga e cansazo. O repouso
verdadeiro está no servizo ao próximo.
Axúdanos, Señor a que o noso corazón
sexa misericordioso, para que sintamos todos os sufrimentos do noso próximo. A
ninguén lle negaremos o noso corazón. Seremos sincer@s, mesmo con aqueles que
sabemos abusarán da nosa bondade...
Que a túa misericordia, Señor, repouse en nós.
(Oración de sor Faustina. Tomado do libro de W.Kasper:
La misericordia, Clave del Evangelio y de la vida
cistiana, p.142/3)
Comentarios
Publicar un comentario