Se entrega a súa vida en expiación, verá unha descendencia lonxeva - Is 53, 10-11
Domingo 29 do Tpo. Ordinario - ciclo B
ORACIÓN
DOMUND 2015
DOMUND 2015
Pai bo, Deus rico en misericordia,
concédenos a graza de seguir o camiño
dos misioneiros e misioneiras.
Eles ensínannos a ser Igrexa "en saída",
a vencer a comodidade e o medo,
a tomar a iniciativa, movidos polo Espírito;
a saír ao encontro do outro para amosarlle
esa infinita misericordia do teu corazón
que eles mesmos coñeceron.
Entregados a Ti no servizo aos pobres,
amosan as portas sempre abertas da Igrexa:
o lugar da misericordia gratuíta,
onde cada persoa pode sentirse acollida, amada,
alegre polo perdón e alentada a vivir
segundo a vida boa do Evanxeo.
Señor, que aprendamos destes irmáns nosos
a ser "discípulos misioneiros",
testemuñas convincentes da túa misericordia.
Comentarios
Publicar un comentario