12 de outubro - ORACIÓN Á VIRXE DO PILAR

LECTURAS:
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2014/10/lecturas-virxe-do-pilar.html


TRADICIÓN:
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2011/10/virxe-do-pilar.html



ORACION Á VIRXE DO PILAR 
PARA PEDIR FAVORES E PROTECCIÓN

Santísima Virxe do Pilar 
a ti arrímome, 
baixo o teu amparo, refúxiome, 
de todos os perigos, inimigos e males, 
líbranos sempre, 
Virxe gloriosa e bendita.

Coma os santos, 
coma os apóstolos,
coma o teu Fillo 
un día e outro día 
apoiareime no teu amor e devoción.
Ti guiarasme agora e sempre, 
Santa Nai de Deus, 
non desatendas as nosas súplicas 
nas nosas necesidades, 
e dános a túa pronta axuda para liquidalas.

Omnipotente e eterno Deus 
que te dignaches dispor 
que a sacratísima Virxe María, 
Nai túa, 
entre coros de anxos,
sobre esta columna de mármore
enviada do ceo, 
viñese vivindo en carne mortal 
e que esta igrexa fose edificada 
para a súa honra polo protomártir dos apóstolos,
Santiago, e os seus discípulos 
suplicámosche, polos seus méritos e intercesión, 
nos concedas alcancemos facilmente 
o que con toda confianza pedimos: 
(facer a petición)
...

Virxe María do Pilar, 
nosa columna de fe,
dádeme unha fe recia e fundamentada 
como a columna onde te apoias 
no Pilar de Zaragoza 
Ti que vives e reinas con Deus Pai 
en unidade do Espírito Santo 
por sempre eternamente. 
Amén.


Rezar confiando plenamente na axuda 
da Virxe Santa do Piar 
unha salve e e tres avemarías.

Comentarios

Publicacións populares