18 oct. 2015

Acheguémonos con confianza ao trono da graza - Heb 4, 14-16

Domingo 29 do Tpo. Ordinario - ciclo B


ORACIÓN POLOS MISIONEIROS


Señor que prometiches acompañarnos sempre

por medio do teu Espírito e non deixarnos orfos:


rogámosche sigas fortalecendo os misioneiros.


No medio de tantas dificultades,

eles levan a túa voz e a túa mensaxe de amor


aos máis pobres.



Neste tempo de graza e esperanza,


fainos dóciles para que o Evanxeo

se desenvolva no medio da sociedade

e que a luz da túa verdade


aumente a fraternidade universal.



Acudimos a María, Nai túa e nosa,

para que nos acubille no seu manto

e ninguén deixe de pertencer

ao teu Reino de xustiza, paz e amor.


Pedímoscho unidos a ti,

que vives e reinas por sempre eternamente.


Amén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario