Ti es sacerdote para sempre, á maneira de Melquisedec - Heb 5, 1-6

Domingo 30 do Tpo. Ordinario - ciclo B


SEÑOR, QUE VEXA

Señor, que vexa ...
que vexa o teu rostro en cada esquina.
Que vexa rir o desherdado,
con risa alegre e renacida.
Que vexa acenderse a ilusión
nos ollos apagados
de quen un día esqueceu soñar e crer.

Que vexa os brazos que,
ocultos, pero infatigables,
constrúen milagres de amor, de paz, de futuro.
Que vexa oportunidade e chamada,
onde ás veces só hai bruma.
Que vexa como a dignidade recuperada,
pecha os infernos do mundo.

Que no outro vexa o meu irmán,
no espello, un apóstolo,
e que no meu interior te albisque.
Porque non quero andar cego,
perdido da túa presenza, distraído pola nada ...
equivocando os meus pasos
cara a lugares sen Ti.

Señor, que vexa ...
que vexa o teu rostro en cada esquina. Amén.

Abre os meus ollos, Señor, para que che vexa.
Abre os meus ollos, Señor, para que non me perda.
Abre os meus ollos, Señor, para que viva con intensidade a miña vida.
Abre os meus ollos, Señor, para que
-cando chegues- te reciba.

Abre os meus ollos, Señor, para que non me durma.
Abre os meus ollos, Señor, para que te descubra.
Abre os meus ollos, Señor, para que non pases de longo.
Abre os meus ollos, Señor, para que non me sorprendas.
Abre os meus ollos, Señor, para que te mire. 

Comentarios

Publicacións populares