Teatro de Nadal 4

A NOITE DA LUZ


            Pode facerse o domingo IV de Advento ou na vixilia de Nadal. 
Os nomes dos personaxes poden ser distintos.  
(A igrexa a escuras. Desde o fondo da mesma ou desde o coro, escóitase o seguinte)

VOZ 1: Na escuridade dos nosos medos e desgrazas, xorde unha brillante esperanza... Na sombra das soidades e miserias, nace unha fogueira de tenrura... Nas tebras da violencia e da morte, crece a claridade dunha alegre nova...

           (Vanse acendendo as luces do fondo da igrexa)

VOZ 2: Hoxe, na noite do mundo, préndese a luz de Deus. É Nadal! Hoxe, a noite é máis clara que o día. Deus faise neno. É a noite da luz: É Nadal!

           (Máxima luz. Música de Haëndel e aplausos ... ao acender as luces da igrexa, xa se ve totalmente o Belén que está situado no centro do presbiterio, así como o decorado... A ámbolos lados do Portal están situados 3 personaxes negros cuns carteis, nos que se pode ler: EGOÍSMO, ODIO, SOIDADE. Deixa de soar a música ao saír a Voz 3) (Sae a Voz 3 do corredor da sancristía e dirixíndose ó público, recita...)

VOZ 3:  ¡Alegría na terra! É a nosa noite. Brillou a luz.

            (Sae da sancristía un personaxe branco cun cartel no que se le a palabra DARSE, e,     
dirixíndose ó público, di)

VOZ 4: Acabouse a noite do egoísmo. Deus vén para darse a todos!

            (0 público repite: Deus vén para darse a todos.
            ‑Un grupo de maiores, previamente ensaiados, poden provocar esta voz)
            (Á vez o personaxe branco pega enriba do cartel que di egoísmo o seu cartel – darse ‑, e colócase a carón do personaxe negro e ergue ben en alto o cartel).

             (Sae outro personaxe branco con outro cartel que di PAZ e fai o mesmo có anterior...

VOZ 5:  Acabouse a noite do odio. Deus vén para sementar a paz!

            (0 público volve repetir: Deus vén para sementar a paz!)
             (Sae outro personaxe branco con outro cartel que di AMOR e fai o mesmo...)

VOZ 6: Acabouse a noite da soidade: Deus vén para axuntarnos a todos ao redor do gran lume do seu amor.

               (Soa un pouco de música de fondo ... que pouco a pouco se va facendo máis suave ...)

VOZ 3: No teñades xa medo: Rematou a noite! É Nadal! Xesús naceu esta noite! Vinde todos desde as aldeas, as vilas e as cidades, achegádevos todos!

               (Saen os nenos vestidos do que cada un poida: pastores, nenos, señores, señoras ... )

VOZ 3: Mirade qué gran resplandor neste pequeno presebe: É a luz de Deus!

Neste pequeno Neno que nos naceu, neste meniño que se nos deu, atópase o rostro agarimoso de Deus sorrindo a todos os habitantes do mundo.
                
            (Desde o fondo volve soar a Voz 1 e di)         

VOZ 1: Os Reis captan o sinal da luz. Veñen de lonxe, contemplan con admiración a Aquel que tanto esperaron.

               (Os tres Reis saen: cada un dun lugar diferente e xúntanse diante do portal,                perante o que se prostran ... )

VOZ 1:  Son estranxeiros, non son do lugar. O seu país está lonxe, a súa patria non é a de Xesús.

               (Soa un pouco de música de fondo que logo se vai baixando. . . e tamén desde o fondo soa a Voz 2, e a la vez saen do corredor da sancristía un indio, un chinés, un negro, personaxes de varias razas, e personaxes mal vestidos, con cadeas ... )

VOZ 2:  Cando Deus ofrece a súa luz, ofrécea sen pedir o pasaporte, sen mirar a cor da pel, sen xulgar a calidade dos vestidos.

    Xesús, a luz de Deus, vén para aledar e brillar no corazón de tódolos homes e mulleres.

               (Soa a música que se vai facendo cada vez máis suave, e do corredor da sancristía van saíndo os nenos que fixeron a primeira comuñón este año, de un en un, e mirando ó presebe,  van dicíndolle ao Neno unhas frases, neste caso son 6, se son máis, pódense inventar outras frases)

VOZ 7:           Ti o Neno, deitadiño no presebe, desde sempre es a Luz Deus que enche de alegría a todos os que permanecen na noite da desgraza.

VOZ 8: Ti, o Neno aclamado polos anxos, desde sempre es a Palabra de Deus que trae a Boa Nova aos que teñen fame de respecto e de xustiza.

VOZ 9:  Ti, o Neno atopado polos pastores dentro dun alpendre, desde sempre es a esperanza de Deus que devolve a dignidade aos marxinados e a todos os pobres.

VOZ 4: Ti, o Neno arrolado por María, es o Fillo de Deus que ven a este mundo para ser o irmán de todos os habitantes da terra e para estar con eles e ensinarlles o camiño da vida.

VOZ 10: Ti, o Neno buscado polos Magos, desde sempre es o signo de amor ofrecido polo Pai a todos os seus fillos que viven sobre a faciana da terra.

VOZ 11:  Aquí nos tes ante ti, Meniño Xesús, pois queremos adorarte.

                Ti es o noso Señor! Desde sempre e para sempre: Ti es a luz do mundo!




 VER TAMÉN:
+ TEATRO DE NADAL



Comentarios

Publicacións populares