Endereitade os vieiros do Señor - Mc 1, 1-8
Domingo 2 de Advento - ciclo B
PREPARÁDELLE
O CAMIÑO AO SEÑOR!
Reconvértase,
señor, reconvértase!
E
vostede tamén, señora.
E
os vellos ... , e os nenos.
A
onde van vostedes
con
eses produtos tan vellos
a
inventar un mundo nova
e
unha terra nova?
Non
se pode andar
co
corpo tan cargado
á
hora de ser austeros.
Non
se pode andar
coas
mans tan cheas
á
hora de ser solidarios.
Non
se pode andar
coa
cabeza tan redonda
á
hora de ser creativos.
Non
se pode andar
cada
un ao seu aire
á
hora de ser organizados.
Reconvértanse,
señores, reconvértanse!
fáganse
máis competitivos.
Quen
lles comprará o seu abuso,
o
seu egoísmo, as súas ideas curtas
ou
o seu pechado individualismo?
Todo
iso non ten saída.
Cómpre
crear algo novo.
Polo
seu ben, señores!
Que
vostedes medrarán
co
auténtico medrar dos seus veciños.
Como
din vostedes?
Que
a cousa está así montada?
Que
a cousa funciona?
Por
suposto!
Á
custa de centos e miles e millóns
de
humildes e marxinados.
Cómpre
crear algo novo!
Todos
estamos bañados en Espírito!
En
Espírito de Deus!
Preparádelle
o camiño ao Señor!
Comentarios
Publicar un comentario