Perdoa, Señor, a culpa do meu pecado - Salmo 31

Domingo 11 de ordinario - ciclo C


SALMO DE NAMORAMENTO A XESUS 
POLO MOITO QUE NOS PERDOA

Eu son a folla e ti es o vento
que me carretas de acó para acolá;
eu son a onda e ti es a forza,
xuntos iremos á praia loitar .

Eu son a herba e ti es o verde
que me fas viva vizosa e ricaz;
eu son a lúa entre lúas calada,
ti es o sol que me fas alumar.

Eu son o pau e ti es a cerna
que de min termas segura e lanzal;
eu son o río e ti es a auga,
auga que alegras o meu camiñar.

Eu son o pobre e ti es a ansia
que en min aniña soñando co pan;
Eu son o pobo e ti es a loita;
eu son o hoxe e ti o mañá. 



Comentarios

Publicacións populares