Fichas Domingo 12 de Ordinario - C


TOMADO DE:


INTRODUCIÓN Á LECTIO DIVINA:

Estamos fronte a un dos temas máis cruciais no Novo Testamento. Xesús tivo por fin un momento tranquilo de oración cando se lle achegan o discípulo e El pregúntalles, Xesús está a indagar o que opina a xente sobre El mesmo. É un tema importante. É a opinión que se ten sobre unha persoa concreta: Xesús de Nazareth. 
As opinións son varias. Evidentemente Xesús non pasou desapercibido por onde andou. A xente está a falar del. Que din? Cousas moi diversas. É alguén co poder de convicción de Xoán o Bautista, ou o mesmo Elías que volveu coa súa forza profética, como algúns grupos esperaban, ou algún dos antigos profetas. Isto pon en evidencia as expectativas que había no pobo de Israel naquel momento. Pero ningunha resposta é acertada.
Obvio, a pregunta primeira de Xesús, dá lugar á segunda pregunta que xa non é para toda a xente. É para os discípulos mesmos, e vostedes quen din que son eu?
Simón Pedro, tomou a dianteira para dicir o máis crucial e importante na nosa fe e asegura con toda claridade: "Ti es o Mesías, o Cristo, o Fillo de Deus vivo". Todo isto Pedro dio por inspiración do Espírito Santo (segundo Mateo 16, 17). E é que claro, o cambio fundamental de entendemento sobre Xesús xa é radical. Non estamos fronte a unha persoa importante, a un mestre sabio, Xesús é o Mesías, é o Fillo de Deus, é o Salvador, o Señor.
Xesús mesmo, inmediatamente pide que non o digan a ninguén, e dá o anuncio da súa paixón. A misión do Salvador, cumprirase na paixón, morte e resurrección. Tema, que seguramente non entenderon moito os discípulos. 
Pero a regra fundamental é que para seguir a Xesús, para ser o seu discípulo, hai que negarse a si mesmo. Non poden os orgullos, as vaidades e todo o desexo de sobresaír, ter algún lugar nos cristiáns. É negándose a si mesmo que se poderá ser seguidor, levando a cruz, non renegar da cruz, e para salvarse hai que dar a vida completa polo Señor e o seu Evanxeo.

TOMADO DE: CRISTONAUTAS

VER TAMÉN : http://escoladeespiritualidade.blogspot.com.es/2013/06/23-de-xuno-domingo-xii-do-tempo.html

Comentarios

Publicacións populares