ORACIÓN POLA NOVA EVANXELIZACIÓN

En especial para os nenos que se van confirmar:



ORACIÓN POLA NOVA EVANXELIZACIÓN

Pai Celestial,
Derrama o teu Santo Espírito para inspirarme 
con estas palabras da Sagrada Escritura.

Axita na miña alma o desexo de renovar a miña fe 
e profundar a miña relación co teu Fillo, o noso Señor Xesucristo, 
de forma que crea verdadeiramente e viva a Boa Noticia.

Abre o meu corazón para escoitar o Evanxeo 
e concédeme a confianza para proclamar a Boa Noticia a outros.
Derrama o teu Espírito, para que poida ser fortalecido 
para ir e dar testemuño do Evanxeo na miña vida cotiá 
coas miñas palabras e accións.

En momentos de dúbida, lémbrame:
Se non son eu, quen proclamará o Evanxeo?
Se non é agora, cando será proclamado o Evanxeo?
Se non é a verdade do Evanxeo, que vou proclamar?




Recollido de :
 

Comentarios

Publicacións populares