3 jun. 2013

Oración do sacerdote

Con agarimo, para os sacerdotes que se achegan a este blogue:

 É un texto medieval. Atopouse en Salzburgo. O autor: un amanuense. 
Divulgouno mosén Jordi Sans Vila, formador do Seminario de Barcelona, 
que o viu escrito na parede dun mosteiro alemán. 

Recollido por Javier Chento nesta web: somos.vicencianos.org



ORACIÓN DO SACERDOTE

Un sacerdote debe ser moi grande
é, á vez, moi pequeno;
de espírito nobre, coma se levase sangue real
e sinxelo coma un labrego.
Heroe, por triunfar de si mesmo,
e home que sabe sufrir;
fonte inesgotable de santidade
e pecador  a quen Deus perdoou;
señor dos seus propios desexos,
e servidor dos débiles e vacilantes;
un que xamais se dobregou ante os poderosos
e se inclina, en tanto, ante os máis pequenos.

Dócil discípulo do seu Mestre,
e sempre disposto a servir.
Mendigo de mans suplicantes para os pobres
e mensaxeiro que distribúa os dons máis grandes a mans cheas.
Sempre animoso loitador no campo de batalla
e nai tenra á cabeceira do enfermo ou de quen sofre e chora.
Ancián pola prudencia do seu consello,
neno pola súa confianza nos demais,
amante do humilde e aspirante a todo o máis sublime.

O sacerdote:
Debe estar feito para a alegría,
alleo á envexa,transparente nos seus pensamentos.
Amigo da paz, sincero no seu dicir,
que coa súa vida nos mostre a Xesucristo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario