Comeron e saciáronse todos - Lc 9, 11b-17
Corpus Christi - ciclo C
PAN DO CEO, PAN DE VIDA
Pan do ceo, pan de vida no que Cristo está
presente,
o que come deste pan vivirá eternamente (2).
Que se acheguen os famentos de verdade e de
xustiza
e atoparán a fartura na mesa da Eucaristía.
Os que sentides a sede dos sedentos de auga
viva,
vinde beber xubilosos da fonte da Eucaristía.
O banquete do Señor é unha mesa de irmandade.
Vinde vestidos de festa cantándolle á
liberdade.
Achegádevos a min os angustiados da vida.
Eu heivos de confortar e enchereivos de
alegría.
Vós sodes o sal da terra, vós sodes a luz do
mundo.
Permanecede comigo para dar froito de abondo.
Comentarios
Publicar un comentario