Perdoáronselle moitos pecados porque amou moito - Lc 7,36 - 8,3
Domingo 11 de ordinario - ciclo C
EU SEI QUE ME QUERES
Eu sei que me queres, Señor, porque es bo,
porque é eterna a túa misericordia.
E sei que te quero, a pesar de todo.
Porque confío na túa misericordia.
Que alegría poder chamarte Pai
e saber que me queres coma a un fillo.
Hoxe veño pedirte polos meus irmáns.
Por todos os seres humanos.
Quixer que entre todos construísemos
unha verdadeira familia humana.
Que se acabasen as guerras e as
incomprensións.
Que se eliminasen as discriminacións e as
desigualdades.
Que todos, a unha, traballásemos cóbado con
cóbado,
para construír un mundo distinto,
que fose xa a antesala do paraíso,
un mundo feliz, como o que ti creaches,
como o que todos dicimos desexar.
Comentarios
Publicar un comentario