23 jun. 2013

De Ti ten sede a miña alma, Señor, meu Deus - Salmo 62

Domingo 12 de Ordinario - ciclo C


CRISTIÁN E CRISTIÁS COHERENTES

Seremos cristiáns e cristiás coherentes se:
nos manifestamos tal como somos,
expresamos de xeito claro as nosas opinións,
recoñecemos dun xeito valente os nosos erros,

non temos dúas caras,
amamos e practicamos a verdade,
nos lanzamos decididamente a mellorar o noso mundo,
seguimos a nosa propia vocación con fidelidade,

adoitamos mirar cara a dentro de nós,
somos fieis a aquilo que cremos,
afirmamos con decisión os nosos valores,
vivimos conscientes das nosas posibilidades,

sabemos conseguir o que nos propoñemos,
cremos, esperamos e traballamos.
Se estamos plenamente convencidos
do amor que nos ten Deus Pai. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario