Fichas Domingo 11 de Ordinario - C
Tomado de :
http://elrincondelasmelli.blogspot.com.es/2013/06/11-domingo-durante-el-ano-ciclo-c.html
http://elrincondelasmelli.blogspot.com.es/2013/06/11-domingo-durante-el-ano-ciclo-c.html
GUÍA DA LECTIO
PARA ACHEGARTE AO TEXTO
(INTRODUCIÓN DA LECTIO DIVINA)
(INTRODUCIÓN DA LECTIO DIVINA)
Unha das características do evanxeo de Lucas, que
seguimos este ano os domingos, é a presentación de Cristo como Salvador en todas as súas
dimensións, corporais e espirituais. E tamén a énfase que pon na súa misericordia e
perdón, como signo do amor do Pai (basta lembrar a Zaqueo, ou ao fillo pródigo, ou ao
publicano que ora no Templo).
A protagonista do evanxeo é xunto a Xesús, unha muller. Unha
muller pecadora. O evanxeo non nos facilita o seu nome, permanece no anonimato, aínda
que sinalada co dedo por algún que se cría xusto e con dereito a xulgar aos demais. O
cadro luminoso do perdón e do amor de Deus (de Cristo) queda ensombrecido no evanxeo pola
intransigencia duns fariseos que se cren xustos e que se escandalizan de que Cristo
perdoe á muller (como o irmán maior que se enfada porque o pai perdoou ao irmán pródigo).
Deus perdoa. Nós, non. Sábenos mal que os fallos alleos queden sen castigo. Temos
gran capacidade de xulgar. E moi pouca de perdoar.
O evanxelista convídanos a identificarnos con esta muller: o
arrepentimento, o amor e o perdón son realidades que deben camiñar xuntas. "Os
seus moitos pecados están perdoados, porque ten moito amor". Estas palabras de
Xesús enchen de confianza e sinalan o camiño do amor como o camiño de salvación, aínda
que non todos conciben que o amor sexa a palabra definitiva. No noso mundo hai
moitas persoas que se afastan da fe porque non acaban de descubrir que o Deus de Xesús é o
Deus do amor e da Vida. Non é un Deus afastado, ameazador,esixente que fai máis
incómoda a vida e máis pesada a existencia; non é un Deus vixiante, que impón obrigacións
duras e difíciles e ameaza con castigos escuros e inexplicables.
Deus non foi nin é para moitos «Boa Noticia». A relixión non
foi graza, liberación, alivio, forza e alegría para vivir. E con todo, se hai algo esencial
no cristianismo é a fe nun Deus que quere unicamente o ben, a felicidade do home. En Xesús
revelóusenos que Deus non é destrutor da vida e a felicidade, senón Amor á vida e
Amor ao home. Xesús está sempre ao lado do home fronte ao mal que oprime, desintegra
e deshumaniza. Por isto, está sempre ao lado do perdón.
E por iso tamén o crente que «entendeu» a Xesús, non se
desespera ante a súa propia fraxilidade e pequeñez. Tampouco nega a súa culpa para
botarlla comodamente aos outros. Sabe asumir a súa propia responsabilidade e confesar
o seu pecado e o seu mal, porque se sabe perdoado.
É un agasallo poder escoitar no fondo máis íntimo da propia
conciencia as mesmas palabras que Xesús dirixiu á muller pecadora: «A túa fe
salvoute. Vai en paz». A experiencia do perdón, ela soa sería capaz de manter a
esperanza no mundo.
Comentarios
Publicar un comentario