Rapaz, contigo falo: Érguete !
Domingo 10 de Ordinario - ciclo C
LOITA CON XESÚS,
LOITA POLA VIDA
Para seguir a Xesús
e avanzar no seu camiño,
hai que chegar a imitar
as cousas todas que
fixo.
Atopou a nai doída
pola morte do seu fillo;
con ela quixo doerse,
con ela viuse aflixido.
Non chores, dixo, non
chores,
e, ao tempo que tal
dicía,
facendo forza da dar,
devolveulle ao neno a
vida.
Visitou Deus o seu pobo,
dixo a xente abraiada;
se da morte sae vida,
o Señor pretiño anda.
Se camiñas pola vida
co corazón ben esperto,
descubrirás alegrías,
atoparás sufrimentos.
Cómpre ter palabras boas
para aliviar
sentimentos;
cómpre ter unión e forza
para darl1e ao mal
vencemento.
Podemos facer milagres
coma os que Xesús
fixera;
podemos cambiar en vida
a morte que nos rodea.
Pregunta ti no teu
grupo,
na túa parroquia enteira,
pregunta en toda Galicia
que morte é a que nos
queima.
Que non te enganen con contos,
que non che pechen os
ollas:
observa ti e descobre
quen pon da morte os ferrollos.
Pregúntate igual a ti,
non sexa que
inconsciente,
leves no teu corazón
da morte algunha semente.
E fai que en todos os
homes
a vida triúnfe de todo,
que todos poidan dicir:
Visitou Deus o seu pobo.
Comentarios
Publicar un comentario