Eu lóote, Señor, porque me libraches - Salmo 29

Domingo 10 de Ordinario - ciclo C



AGRADECEMENTO A XESÚS

Grazas, Xesús,
por pasares a carón de min na miña vida,
por te deteres ante min
e ante a miña xente toda,
os meus irmáns todos do mundo.

Grazas por doerte de min,
nas miñas soidades mais dolorosas,
cunha dor sinxela e fonda,
cunha dor amante e solidaria.

Grazas por te doeres tamén
dos pobres todos do mundo,
dos que ti es pai e defensor.

Grazas por te achegares a todos nós
e por ternos metido dentro
alento de vida e de unión,
alento de verdade e de resistencia,
alento de irmandade solidaria.

Canto me alegro de terte coñecido,
e de ter coñecido o teu Evanxeo!
Canto me alegro de poder compartir a vida
Con outros moitos seguidores teus!

Como se me enche o peito ao dicir o teu nome,
como me alegro de terte por compañeiro a cada hora!

Grazas, Xesús,
Ti es a miña vida e o meu orgullo,
Ti es a miña ledicia e o meu humor,
Ti es a miña esperanza máis fonda e duradeira.



Comentarios

Publicacións populares