10 mar. 2013

Probade e vede o bo que é o Señor - Salmo 33

Domingo 4 de Coresma - ciclo C



AGRADECEMENTO

Grazas,
polo pan e polo viño
polo Corpo do teu Fillo,
que por nós morreu.

Grazas,
polas palabras de vida
entre os irmáns compartidas
que Xesucristo nos deu.

Grazas,
pola luz para seguirte
que dentro de nós prendeu.

Grazas,
polo empuxe decidido
de loitarmos sempre unidos
que Xesús fortaleceu.



No hay comentarios:

Publicar un comentario