OFICIOS - Venres Santo - ciclo C
CELEBRACIÓN DA PAIXÓN DO SEÑOR
VENRES SANTO
ESQUEMA
2) ORACIÓN UNIVERSAL
o Solidarizámonos e pedímoslle a Deus especialmente por tod@s @s crucificad@s do mundo
o Solidarizámonos e pedímoslle a Deus especialmente por tod@s @s crucificad@s do mundo
Primeira Lectura Is 52, 13 -- 53, 12
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Foi ferido por culpa
das nosas iniquidades (4º Canto do Servo)
Velaquí: o Excelso, o Sublime, o
Altísimo daralle éxito ao seu Servo.
A gran multitude
quedará abraiada diante del,
pois o seu aspecto
non parecía o dun home,
a súa figura non
parecía a dun fillo de Adán.
Pero agora fará conmover a pobos
numerosos:
por causa del os reis
pecharán a súa boca,
porque contemplarán o
que nunca se lles contou,
e comprenderán o que
nunca escoitaron.
Quen creu o que lle dixemos?
A quen se lle revelou
o brazo do Señor?
El subiu coma tenro gromo na súa
presenza,
coma raíz en terra
reseca.
Non tiña beleza nin esplendor;
vímolo, e o seu
aspecto non era atraente.
Desprezado, o máis rexeitado dos
homes,
varón de sufrimentos,
familiarizado coa dor.
Coma alguén de quen se esconde a
cara,
desprezado, non lle
tivemos aprecio.
El cargou coas nosas dores,
el soportou os nosos
sufrimentos.
Nós considerámolo ferido,
castigado por Deus e
aflixido.
Pero foi ferido por causa das nosas
rebeldías,
foi esmagado polas
nosas iniquidades.
O castigo que nos trouxo a paz caeu
sobre el,
a súa ferida foi a
nosa curación.
Todos nós, coma rabaño, andabamos
perdidos,
cada un polo seu
camiño.
Pero o Señor puxo nel a iniquidade
de todos nós.
Foi oprimido, foi
aflixido;
pero el non abriu a
súa boca.
Foi levado coma unha res á matanza,
e, coma ovella muda
ante o tosquiador,
non abriu a súa boca.
Foi levado cun xuízo perverso,
ninguén se preocupou
da súa vida.
El foi arrincado do mundo dos vivos,
para o noso ben foi
ferido pola rebeldía do seu pobo.
Puxeron a súa sepultura entre os
malvados,
e a súa tumba entre
os ricos,
aínda que non cometeu
violencia,
nin houbo fraude na
súa boca.
O Señor quixo esmagalo co seu
sufrimento:
Si, entrega a túa
vida en expiación polo pecado.
Pero el verá descendencia, alongará
os seus días
e por medio del
cumprirase a salvación do Señor.
Polos traballos da súa vida verá a
luz,
alcanzará a
sabedoría.
O Xusto volverá xusto o seu Servo
para o ben de moitos
e as iniquidades
destes el soportará.
Por isto repartirei con el xunto cos
grandes,
e cos poderosos terá
parte no botín,
porque entregou a súa
vida á morte
e foi contado cos
malvados.
Si, el foi o que cargou co pecado de
moitos
e fai a intercesión
polos malvados.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 30, 2 e 6. 12-13. 15-16. 17 e 25
R/. (Lc 23, 46): Meu
Pai, nas túas mans entrego o meu espírito.
Abrígome en ti,
Señor,
que endexamais me
vexa defraudado;
Nas túas mans entrego
o meu espírito,
ti, Señor, o Deus
fiel, hasme librar.
Son o riso dos
inimigos,
a burla dos meus
veciños.
Para os meus
coñecidos son espanto:
foxen ao verme na
rúa.
Esquécense de min,
coma dun morto;
eu son coma un
cacharro que non serve.
Mais eu teño
confianza en ti, Señor,
e digo: "Ti es o
meu Deus".
Nas túas mans está o
meu porvir:
líbrame do poder dos
inimigos
e dos meus
perseguidores.
Fai brillar o teu
rostro para o teu servo,
sálvame, pola túa
misericordia.
Sede fortes e
valentes
os que esperades no
Señor.
Segunda Lectura Hebr 4, 14-16; 5, 7-9
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Aprendeu a obediencia
e fíxose autor da salvación para todos os que o obedecen
Irmáns:
Xa que temos un gran Sumo Sacerdote
que penetrou no ceo, Xesús, o Fillo de
Deus, manteñamos a esperanza que profesamos.
Pois non temos un Sumo Sacerdote
incapaz de se compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo Sacerdote probado
en todo coma nós, fóra do pecado. Acheguémonos, pois, con liberdade ao trono da
graza, para conseguirmos misericordia e acadar a graza para unha axuda no tempo
debido.
Cristo, nos días da súa vida mortal,
a berros e con bágoas, presentou oracións e súplicas a quen o podía salvar da morte
e Deus escoitouno por mor da súa docilidade. Aínda
que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; e, consumada deste xeito a
súa consagración sacerdotal, converteuse para todos os que lle obedecen en
causa de salvación eterna.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
VERSÍCULO Flp
2, 8-9
Cristo abaixouse a si
mesmo, facéndose obediente ata á morte,
e á morte na cruz.
Por iso tamén Deus o
exaltou sobre todo
e lle concedeu un
nome que está por riba de todo outro nome.
Evanxeo Xn 18, 1 -- 19, 42
PAIXÓN DO NOSO
SEÑOR XESÚS CRISTO SEGUNDO XOÁN
Prenderon a Xesús e atárono
C. Naquel tempo, saíu Xesús cos seus
discípulos para a outra banda do regueiro Cedrón, onde había unha horta, na que
entrou el e mais os seus discípulos. Tamén Xudas, o que o había entregar,
coñecía aquela horta, pois en moitas ocasións estivera alí Xesús cos seus
discípulos. Xudas levaba a patrulla e a garda dos sumos pontífices e dos
fariseos, chegou alí con farois, fachos e armas. Entón Xesús, sabendo todo o
que lle viña enriba, adiantouse e preguntoulles:
+ ‑ A quen buscades?
C. Respondéronlle:
S. ‑ A Xesús de Nazaret.
C. Díxolles El:
+ ‑ Eu son.
C. Estaba tamén con eles Xudas, o
que o entregaba. Cando lles dixo Eu son, botáronse para atrás e caeron ao chan.
Entón, preguntoulles outra vez:
+ ‑ A quen buscades?
C. Eles contestaron:
S. ‑ A Xesús de Nazaret.
C. Xesús respondeulles:
+ ‑ Díxenvos que "son eu":
así que, se me buscades a min, deixade marchar a estes.
C. Así cumpriuse a palabra que
dixera: "non perdín ningún dos que me deches".
Entón Simón Pedro, que tiña unha
espada, desenvaiñouna e feriu o garda do Sumo Sacerdote, rabenándolle a orella
dereita. O nome do garda era Malco. Pero Xesús díxolle a Pedro:
+ ‑ Mete a espada na vaíña; e, logo,
non hei beber o cáliz que me deu o Pai?
Levaron primeiro a Xesús onda Anás
C. Entón a patrulla, o tribuno e mais
os gardas dos xudeus, agarraron a Xesús e prendérono.
Levárono primeiro onda Anás, que era
sogro de Caifás, o Sumo Sacerdote daquel ano. Era Caifás aquel que lles dera
aos xudeus o consello: "Convén que un home morra polo pobo".
Seguían a Xesús Simón Pedro e mais
outro discípulo. Este discípulo, por ser coñecido do Sumo Sacerdote, entrou con
Xesús no adro do palacio do Sumo Sacerdote.
Pedro estaba fóra, na porta. Entón
saíu o outro discípulo ‑ o coñecido do Sumo Sacerdote ‑, falou coa porteira, e
fixo entrar a Pedro. A porteira preguntoulle a Pedro:
S. ‑ Non es tamén ti dos discípulos
dese home?
C. El contestou:
S. ‑ Non son.
C. Estaban os criados e os gardas
facendo unha fogueira, porque ía frío, e quecían. Estaba tamén Pedro con eles,
de pé, quecendo.
Entón o Sumo Sacerdote interrogou a
Xesús acerca dos seus discípulos e da súa doutrina.
Xesús
respondeulle:
+ ‑ Eu falei á vista do mundo, publicamente;
eu sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan todos os xudeus, e
non falei nada ás agachadas. Por que me preguntas a min? Pregúntalles aos que
me oíron de que lles falei: eles saben ben o que dixen.
C. Ao dicir isto, un dos gardas alí
presentes deulle unha labazada a Xesús, dicindo:
S. ‑ Así lle respondes ao Sumo
Sacerdote?
C. Xesús replicoulle:
+ ‑ Se falei mal, demóstrame en que;
e se falei ben, por que me pegas?
C. Entón Anás mandouno amarrado onda
Caifás, o Sumo Sacerdote.
Non es tamén ti dos seus discípulos?
C. Estaba Simón Pedro de pé,
quentándose, e preguntáronlle:
S. ‑ Non es tamén ti dos seus
discípulos?
C. El negouno, dicindo:
S. ‑ Non son.
C. Un dos criados do Sumo Sacerdote,
parente daquel a quen Pedro lle cortara a orella, replicoulle:
S. ‑ E logo non te vin eu na horta
con el?
C. Pedro negou outra vez; e naquel
intre empezou a cantar un galo.
O meu reino non é deste mundo
C. Levaron entón a Xesús de onda
Caifás ao Pretorio. Era a amañecida. Eles non entraron no Pretorio para non se
contaminaren e así poderen comer a Pascua. Saíu entón fóra Pilatos, onda eles,
e preguntou:
S. ‑ Que acusación traedes contra
este home?
C. Eles responderon:
S. ‑ Se este non fose un malfeitor,
non cho entregabamos.
C. Díxolles entón Pilatos:
S.‑ Collédeo vós e xulgádeo segundo
a vosa Lei.
C. Os xudeus contestáronlle:
S. ‑ Non nos é lícito matar a
ninguén.
C. Así se cumpriu a palabra de
Xesús, sinalando con que morte había morrer.
Entón entrou Pilato outra vez no
Pretorio, chamou por Xesús e preguntoulle:
S. ‑ Es ti o Rei dos Xudeus?
C. Xesús respondeu:
+ ‑ Dilo ti pola túa conta ou
dixéroncho outros de min?
C. Pilato replicou:
S. ‑ E logo son eu xudeu? A túa
xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: que fixeches?
C. Xesús contestoulle:
+ ‑ O meu reino non é deste mundo;
se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase
aos xudeus; pero o meu reino non é de aquí.
C. Díxolle entón Pilato:
+ ‑ Logo ti es Rei?
C. Xesús respondeu:
+ ‑ Tal como o estás dicindo, eu son
Rei: para iso nacín e para iso vin ao mundo, para dar testemuño da verdade;
todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.
C. Pilato preguntoulle:
+ ‑ Que é a verdade?
C. E, dito isto, saíu onda os xudeus
e díxolles:
S. - Eu non atopo nel culpa
ningunha. Hai entre vós o costume de que eu vos solte alguén pola Pascua.
Queredes, logo, que vos solte o Rei dos Xudeus?
C. Berraron entón outra vez,
dicindo:
S. ‑ Non. A ese non; a Barrabás. (O
tal Barrabás era un bandido).
Salve, Rei dos Xudeus!
C. Entón Pilato colleu a Xesús e
mandouno azoutar. Os soldados, tecendo unha coroa con espiños, puxéronlla na
cabeza, vestíronlle un manto de púrpura, e, inclinándose diante del, dicíanlle:
S. - "Salve, Rei dos
Xudeus!".
C. E dábanlle labazadas.
Pilato saíu outra vez fóra e
díxolles:
S. ‑ Mirade, tráiovolo fóra, para
que vos decatedes de que non atopo nel culpa ningunha.
S. – Velaquí o home.
C. Cando o viron, os sumos
sacerdotes e os gardas berraron:
S. ‑ Crucifícao, crucifícao!
C. Pilato respondeulles:
S. ‑ Collédeo vós e crucificádeo,
que eu non atopo culpa nel.
C. Os xudeus replicaron:
S. ‑ Nós temos unha Lei, e conforme
a Lei debe morrer, por se facer Fillo de Deus.
C. Cando Pilato oíu estas palabras
colleu moito medo, entrou outra vez no Pretorio e preguntoulle a Xesús:
S. ‑ De onde es ti?
c. Pero Xesús non lle deu unha fala.
Entón Pilato insistiu:
s. ‑ Comigo non falas? Non sabes que
teño poder para soltarte e poder para te crucificar?
C. Xesús respondeulle:
+ ‑ Non terías ningún poder sobre
min, se non cho desen de arriba. Por iso, o que me entregou a ti ten maior
pecado.
Fóra, fóra! Crucifícao!
C. Despois disto Pilato procuraba
liberalo. Pero os xudeus berraban:
S. ‑ Se soltas a ese, non es amigo
do César: todo o que se fai rei, oponse ao César.
C. Pilato, oídas estas palabras,
levou para fóra a Xesús e sentouno no tribunal, no sitio nomeado "O
lousado", en hebreo "gábaza". Era o día da Preparación da
Pascua, alá contra as doce da mañá.
Díxolles aos xudeus:
S. ‑ Velaquí o voso rei.
C. Pero eles berraban:
S. ‑ Fóra, fóra! Crucifícao!
C. Pilato preguntoulles:
S. ‑ Pero como vou crucificar o voso
rei?
C. Os sumos sacerdotes insistiron:
S. ‑ Non temos máis rei có César.
C. Daquela, entregóullelo para que o
crucificasen.
Crucificaron a Xesús, xunto con outros dous
C. Entón colleron a Xesús. Cargando
el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en
hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no
medio.
Escribiu Pilato un título e púxoo na
cruz. O escrito era: Xesús o Nazareno, o Rei dos Xudeus. Moitos dos xudeus
leron este título, porque o sitio onde Xesús foi crucificado estaba cerca da
vila, e estaba escrito en hebreo, latín e grego. Os sumos sacerdotes dixéronlle
a Pilato:
S. ‑ Non escribas "O Rei dos
Xudeus", senón que el dixo "Son Rei dos Xudeus".
C. Pilato respondeu:
S. ‑ O escrito, escrito está.
C. Entón os soldados, cando
crucificaron a Xesús, colleron a roupa del ‑e fixeron catro partes, unha parte
para cada soldado ‑, e mais a túnica. Era a túnica sen costura, tecida dunha
peza de arriba abaixo. E falaron entre eles:
S. ‑ Non a rachemos: sorteémola a
ver a quen lle toca.
C. Así cumpriuse a Escritura, que
di: Repartiron entre eles a miña roupa e sortearon a miña túnica.
Tal fixeron os soldados.
Velaí o teu fillo. Velaí a túa nai.
C. Ao pé da cruz de Xesús estaban
súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Madalena.
Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai:
+ ‑ Muller, velaí o teu fillo.
C. Despois díxolle ao discípulo:
+ ‑ Velaí a túa nai.
C. Desde aquela hora o discípulo
acolleuna con el.
Está cumprido
C. Despois disto, sabendo Xesús que
xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo:
+ - "Teño sede".
C. Había alí un xerro cheo de
vinagre. Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo,
achegáronlla á boca. Cando probou Xesús o vinagre dixo:
+ - Está cumprido.
C. E, inclinando a cabeza, entregou
o espírito.
(Todos se
axeonllan, e faise unha pausa)
No instante saíu sangue e auga
C. Entón os xudeus, como era o Día
da Preparación, para que non permanecesen os corpos na cruz durante o sábado ‑ pois
era grande aquel día de sábado ‑, rogáronlle a Pilato que lles rompesen as
pernas e os retirasen.
Viñeron, logo, os soldados, e
rompéronlles as pernas ao primeiro e mais ao outro que crucificaran con el.
Pero ao chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle romperon as pernas,
senón que un dos soldados lle traspasou o costado cunha lanza; e no instante
saíu sangue e auga.
Quen o viu dá testemuño, e o seu
testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade, para que tamén vós creades.
Porque isto aconteceu para que se cumprise a Escritura: "Non lle crebarán
óso ningún". E noutro lugar di: Han mirar para quen traspasaron.
Envolveron o corpo de Xesús con panos, con aromas
C. Despois disto, Xosé o de
Arimatea, que era discípulo de Xesús –aínda que ás agachadas, por medo aos xudeus
‑, rogoulle a Pilato que lle deixase retirar o corpo de Xesús. Pilato accedeu.
Foi e retirou o corpo.
Foi tamén Nicodemo ‑ aquel que
primeiramente viñera onda Xesús de noite ‑, levando unha mestura de mirra e
áloe de case cen libras.
Colleron o corpo de Xesús e, segundo
é costume sepultar entre os xudeus, envolvérono en panos, con aromas. No sitio
onde crucificaran a Xesús había un xardín, e no xardín un sepulcro novo, que
aínda non usara ninguén.
Puxeron alí a Xesús, por mor da
Preparación dos xudeus, pois o sepulcro estaba cerca.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com
PÓRTICO
De nada nos vale torcer a cara, agochar a cabeza
debaixo das ás ou pechar os ollos diante da que está a caer. O mundo que imos
construíndo non nos gusta, e temos que dicilo. Mesmo ás veces nos custa
descubrir unha migalliña de esperanza e de ilusión diante dunha realidade
certamente dolorosa: enfermidades, falla de traballo e de oportunidades, dificultades
para chegar a fin de mes co que se gaña, persoas enganadas e que da noite para
a mañá se atopan sen os aforros de toda unha vida, xente marxinada,
traballadores explotados con contratos lixo, anciáns utilizados como caixeiros
automáticos.... Certamente vivimos nun mundo que ben pouco se parece ao mundo
que quería Xesús. si, porque hoxe, se cadra máis ca nunca, podemos dicir sen
medo a equivocarnos que vivimos nun mundo de Venres Santo, un mundo de morte e
cruz. É esta a cruz que nós, nesta tarde, adoramos como mostra de que non
queremos quedar pasivos, de que moito ou pouco, cada un e cada unha de nós
podemos facer algo para que a resignación e a desesperanza, sinais de dor e
morte, se convertan en ilusión e compromiso, sinais de vida e salvación.
ORACIÓN
Lembra, Señor, que a túa tenrura e a túa misericordia son para sempre
e non nos abandonan. Santifica aos teus fillos e ás túas fillas e protéxenos
sempre, pois Xesucristo, o teu Fillo, no noso favor, instituíu pola súa entrega
xenerosa na cruz, o camiño pascual que leva á resurrección. Amén.
REMUÍÑO
·
O día e a noite.
A cara e a cruz. O anverso e o reverso. O dereito e o revés. Se o día de onte
celebrabamos o AMOR, coa institución da Eucaristía, do sacramento do servizo e
o día do amor fraterno; a outra parte da vida é a que celebramos hoxe: a cruz e
a morte. Porque se miramos desde os ollos de Deus, descubrimos un mundo
desafinado no que é moita a dor e a tristura, o sufrimento e a desesperanza que
aniñan na vida e no corazón de moitos irmáns e irmás. Uns, unha pequena parte,
parecen vivir alleos ao que lle ocorre a quen está ao seu lado, como se non
existisen. Outros, os máis, sofren, choran, vense desprezados, manipulados e
impotentes diante de situacións nas que lles resulta moi difícil percibir a
presenza de Deus amor que garda silencio. A celebración deste Venres
Santo invítanos a poñerlle cara a esta cruz que estamos contemplando, porque o
Crucificado non é un anónimo, senón que ten rostro e nome de tanta xente do
noso mundo á que moitas veces lle custa atopar un motivo para seguir vivindo.
Como cristiáns non podemos pechar os ollos ou volver a cara para non ver estes
sinais de morte, senón que temos un compromiso fondo de axudar para que saian
desta situación inhumana.
·
A cruz de Cristo lémbranos que Deus sufre con
nós. A El dóelle a fame dos nenos africanos, chora coas mulleres maltratadas
día a día no seu fogar, berra con aqueles que quedan sen casa, séntese
impotente coas persoas enganadas polos poderes económicos, sofre cos anciáns
que son expoliados, sente a frustración das persoas que non atopan un posto de
traballo que lles permita vivir con dignidade, desespérase con aquelas que non
teñen con que alimentarse e con que alimentar aos seus fillos, dóese coa xente
que non ten un acceso a unha sanidade pública de calidade, solidarízase coa
causa de tantas e tantas persoas explotadas, silenciadas, ninguneadas,
estafadas, enganadas, violadas....
·
Por iso hoxe é un día para reflexionar, para
estar, para acompañar a Cristo no camiño da cruz, para sermos nazarenos...cando
as cousas non pintan ben, cando toda aquela moitedume que o aclamou o domingo
de Ramos como Mesías pasados cinco días berra que o crucifiquen. Hoxe é un bo
momento para mirar dentro de nós, para reflexionar e pedir perdón das moitas
veces na nosa vida nas que tamén nós negamos a Cristo, abandonamos a Cristo,
pasamos de largo diante da cruz… sen parar a axudar, a chorar, a acompañar.
ORACIÓN UNIVERSAL
Poñamos diante de Xesús os nosos propios
sufrimentos, as nosas canseiras, os nosos desánimos. Poñamos os sufrimentos
daquelas persoas que coñecemos e queremos, aí, onda Cristo.
Poñamos a dor, a angustia, a desesperanza de tódalas persoas; poñámolas aquí, na terra onde caeu Cristo. Que el nos dea azos para superar estas cruces. Dicimos:
Poñamos a dor, a angustia, a desesperanza de tódalas persoas; poñámolas aquí, na terra onde caeu Cristo. Que el nos dea azos para superar estas cruces. Dicimos:
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da FALTA DE SINCERIDADE. Para
que o actuar de Xesús, que nunca buscou resultados favorables nin se agochou
detrás de medias tintas, nos axude a buscar sempre a verdade, respectando
ideas, opinións e comportamentos distintos aos nosos, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da VIOLENCIA de calquera tipo.
Para que entendamos dunha vez por todas que a violencia só xera violencia e que
se seguimos a lei de “ollo por ollo”, o mundo quedará cego, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da MANIPULACIÓN E DO ENGANO.
Para que non nos deixemos embarcar pola retórica e pola coacción dos que
mandan, senón que actuemos segundo a liberdade que Deus nos dá, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da TRAIZÓN. Para que no silencio
do camiño recoñezamos a necesidade de dar a confianza da amizade, e nunca nos
vendamos ao mellor postor, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da COMENENCIA, que nos escraviza
e fai que actuemos non en función duns principios e valores, senón buscando o
noso propio proveito. Para que o noso non sexa nunca un actuar interesado,
OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz do BALEIRO INTERIOR, que a tanta
xente afoga e impide respirar. Para que nunca esquezamos que o verdadeiramente
importante non está no ter, senón está no ter, senón no colaborar, compartir e
traballar por unhas relacións máis xustas entre nós, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
*
Poñemos diante de
Deus a cruz da INTOLERANCIA. Para que sempre lembremos que Xesús non
quere seguidores fanáticos, senón seguidores sinxelos que se esforzan en facer
da súa vida experiencia de tolerancia, diálogo e búsquea de puntos de encontro
con quen pensa distinto, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
*
Poñemos diante de
Deus a cruz da ENVEXA. Para que sempre abramos os ollos á claridade da
luz que está en Xesús, pondo a nosa forza no Deus que nos chama a traballar
contra o engano, a inxustiza e a envexa, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da INDIFERENZA, que endurece o noso corazón,
levándonos a mirar cara outro lado ou a buscar a cruz como espectáculo,
despreocupándonos dos demais e mergullámonos no noso egoísmo e no noso
individualismo. Para que non sexamos insensibles ante as persoas e os
acontecementos que pasan no mundo, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da VIOLENCIA DOMÉSTICA. No noso mundo,
Señor, as mulleres son en demasiadas ocasións, desposuídas da súa dignidade:
maltratadas, asasinadas, obrigadas a prostituírse, consideradas coma simples
obxectos, sen acceso á educación e á cultura. Por todas aquelas que sofren polo
simple feito de ter nado mulleres, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da VELLEZ, unha pesada carga para os
nosos maiores que, despois de toda unha vida adicada aos demais, vense
arrinconados, esquecidos, abandonados ou utilizados como simples caixeiros
automáticos. Para que os acollamos, valoremos e mostremos o lles mostremos o amor
que merecen, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz do PARO, que ten o rostro de
máis de cinco millóns de persoas no noso país. Para que loitemos por un reparto
xusto do traballo, por un salario digno e por unhas condicións laborais
axeitadas para todas as persoas, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Poñemos diante de Deus a cruz da ENFERMIDADE, que levan as
persoas que a sofren e as súas familias. Para que reivindiquemos unha sanidade
de calidade, na que as persoas sexamos tratadas como tal e non coma simples
números, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
* Finalmente, poñemos diante de Deus a cruz da INXUSTIZA, de
calquera xeito de inxustiza. Para que nunca calemos, consintamos ou caiamos na
tentación de usar, aproveitarnos ou pasar dos demais, OREMOS.
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ
DE SALVACIÓN
Deus do consolo e da
escoita, fai que cantos se senten oprimidos e desesperanzados atopen en Ti o
agarimo que os leve a loitar con forza e sen desmaio contra as dificultades que
os azoutan. PXNS. Amén.
ADORACIÓN DA CRUZ
1) MONICIÓN
Neste Venres
Santo. Venres de dor e tristura, achegámonos para adorar a cruz e sentir, desde
Xesús, a dor de tant@s irm@ns nosos que desde todos os recunchos do mundo ven a
súa vida ameazada, rota e pisada pola forza de quen ten o poder. Adoramos a cruz e
sentímonos implicados na tarefa de facer que desaparezan todas as cruces que
segue habendo na vida das persoas.
2)
INVITACIÓN PARA MOSTRAR A CRUZ
Desde o fondo
da Igrexa, tres persoas con velas traen a cruz
Mirade
a árbore da cruz, na que estivo cravada a salvación do mundo
Vinde
adorala
3) ADORACIÓN DA CRUZ
En silencio,
achegámonos a adorar a cruz, facendo antes unha leve inclinación. Mentres, soa
música clásica de fondo.
COMUÑÓN
Noso Pai
Año de Deus
Distribución da comuñón
Oración
Chegamos ao remate desta celebración na que nos invitaches, Xesús, a
poñer os ollos na inxustiza, na incomprensión, na desesperanza e na tristura
que vai invadindo pouco a pouco a nosa sociedade. Nas nosas parroquias, entre
os nosos familiares e amigos, imos atopando persoas que ven que se lle pechan
todas as portas, e non acaban de descubrir nin unha pequena raiola de luz e
esperanza de futuro. Que nós saibamos estar ao seu lado coa nosa presenza
agarimosa, co noso tempo sen reloxo e coa nosa man solidaria e disposta a
compartir. Pomos este esforzo na túa man, para que non deixemos que decaia.
Amén.
BENDICIÓN
Que a túa bendición, Señor, descenda con abundancia sobre esta
comunidade que vén de celebrar a morte do teu Fillo coa esperanza da chegada da
resurrección; que a túa esperanza, misericordia e perdón enchoupen as súas
vidas, e a súa fe os leve a preocuparse polos irmáns que necesitan de mans que
os axuden e acompañen. P.X.N.S. Amén.
ENTRADA:
Cando me colle a noite no camiño
LECTURAS:
Arrepentido
ADORACIÓN DA CRUZ:
Música clásica de fondo
COMUÑÓN:
Seguirei os teus pasos
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario