3 mar. 2013

O Señor é clemente e misericordioso - Salmo 102

Domingo 3 de Coresma - ciclo C



NON CHE PIDO GRANDEZA

Señor, non che pido brillo, nin triunfo,
nin fama nin gloria nin poder.

Fai que acolla, no limitado de cada día,
a túa brisa, a túa graza, a túa palabra, a túa vontade
como un agasallo espléndido para poder vivir.

Abre os meus ollos, e faime sensible ás necesidade
dos irmáns e irmás que camiñan ao meu carón
cansos, esgotados, tristes, enfermos, rotos.

Non me deixes caer na tentación de quedar ben,
de buscar a eficacia, de xustificar as miñas actitudes,
de acugular méritos enganosos para Ti.

Guía os meus pasos polos teus vieiros,
aínda que me resista.
Gáñame a partida, non fagas caso ás miñas protestas.,
Dáme o que necesito, aínda que non cho pida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario