Domingo 4 de Coresma - ciclo C
4º DOMINGO DE
CORESMA - CICLO C
Primeira
Lectura Xos 5, 9a. 10-12
LECTURA
DO LIBRO DE XOSUÉ
O
Pobo de Deus celebra a Pascua ao entrar na terra prometida
Naqueles días, díxolle o Señor a
Xosué:
‑ "Hoxe quiteivos de enriba o
oprobio de Exipto".
Os fillos de Israel acamparon en
Guilgal e celebraron a Pascua no décimo cuarto día do mes, polo serán, nas
chairas de Iericó.
No día seguinte á Pascua, comeron
dos produtos do país: bolos ácimos e espigas torradas, no mesmo día.
E, ao día seguinte de comeren do
froito da terra, cesou o maná, e en adiante xa non houbo maná para os fillos de
Israel: aquel ano comeron do produto da terra de Canaán.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7
R/.
(9a): Probade e vede o bo que é o Señor.
Bendigo
o Señor en todo instante,
teño
sempre na boca a súa loanza.
Eu
gloríome no Señor:
que
escoiten os humildes e se alegren.
Exaltade
comigo o Señor,
loemos
xuntos o seu nome.
Eu
busquei o Señor, El respondeume,
libroume
de todos os temores.
Contempládeo,
e quedaredes radiantes,
os
vosos rostros non os cubrirá a vergonza.
Este
pobre clamou, e o Señor escoitouno,
librouno
de todos os apuros.
Segunda
Lectura 2 Cor 5, 17-21
LECTURA
DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Deus
reconciliounos consigo por medio de Cristo
Irmáns:
Quen estea en Cristo é unha criatura
nova: o que era vello, pasou. Velaí unha realidade nova.
E todo iso provén de Deus que nos
reconciliou consigo por medio de Cristo e nos encomendou o servizo da
reconciliación.
Pois Deus estaba en Cristo
reconciliando o mundo consigo, non levando conta dos delitos dos homes e
poñendo en nós a mensaxe da reconciliación. Somos, logo, embaixadores de
Cristo, coma se Deus vos exhortase por medio noso.
Pedímosvolo por Cristo: deixádevos
reconciliar con Deus. A aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo
pecado por nós, para que nós nos volvésemos nel xustiza de Deus.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Lc 15, 18
Levantareime
e irei onda meu pai e direille:
meu
pai, pequei contra o ceo e contra ti.
Evanxeo Lc 15, 1-3. 11-32
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Este
teu irmán estaba morto e reviviu
Naquel tempo, os publicanos e
pecadores achegábanse a Xesús para o escoitaren. Por iso os fariseos e letrados
murmuraban:
‑ Este acolle os pecadores e come
con eles.
Entón Xesús contoulles esta
parábola:
‑ Un home tiña dous fillos. O máis
novo díxolle ao pai: "Papá, dáme a parte da herdanza que me
corresponde". El repartiulles os seus bens. Días despois, este fillo
recibiu todo xunto e marchou para un país remoto, onde malgastou a súa fortuna
vivindo coma un perdido.
Despois de o gastar todo, houbo unha
gran fame naquela terra, e empezou a pasar necesidade. Entón, acudindo a un
natural do país, entrou a servir, e mandouno a unha granxa a coidar os porcos.
Alí chegou a ter gana de encher o estómago coas landras que comían os porcos,
pero ninguén llas daba.
Recapacitando, pensou: "Hai que
ver! Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan a fartar, e eu morro coa fame. Si,
vou volver á de meu pai e voulle dicir: Papá, pequei contra o ceo e contra ti;
xa non son digno de que me trates coma un fillo, trátame coma un
xornaleiro".
Levantouse e volveu onda seu pai.
Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu emocionado a recibilo, e
botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente. O fillo exclamou: "Papá,
pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me trates coma un
fillo".
Pero o pai díxolles aos seus
criados: "Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella; poñédelle un anel na
man e calzado nos pés.
Preparade un cuxo cebado para comelo
e facer unha gran festa. Porque este fillo meu estaba morto e volve á vida,
estaba perdido e atopámolo". E empezou a festa.
Pero resulta que o fillo máis vello
estaba na leira e cando viña para casa, oíu a música e mailo baile. Chamou por
un criado e preguntoulle que pasaba.
O criado contestoulle: "Éche
que volveu teu irmán, e teu pai mandou matar o cuxo cebado por recuperalo san e
salvo". Entón alporizouse moito, e non quería entrar.
Pero o pai, saíndo, intentouno
convencer. El díxolle: "Tantos anos como levo servíndote sen che faltar
nunca en nada, e nunca un cabrito me deches para troulear cos meus amigos; e
agora resulta que vén ese teu fillo, que queimou os teus bens con mulleres de
mala vida, e matas o cuxo cebado".
O pai contestoulle: "Meu fillo,
ti sempre estás comigo e todo o meu é teu, que menos que celebrar unha festa
cheos de alegría, xa que ese teu irmán estaba morto e volve á vida, estaba
perdido e atopámolo?".
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
CHAMADOS A SER
EMBAIXADORES DA RECONCILIACIÓN NO MEDIO DO MUNDO
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com
SÍMBOLO CORESMAL
Continuamos
desenvolvendo o sinal do colector de lixo que temos escollido para esta
coresma. Neste cuarto domingo, botamos no noso colector todo canto nos impide
entrar de verdade na invitación de Deus á reconciliación con El, cos irmáns e
coas irmás. O noso colector será de cor morada e levará escrito: “Gustade
e vede que bo é o Señor”.
PÓRTICO
Unha frase da carta de Paulo aos
Corintios que escoitaremos hoxe no momento da Palabra sitúanos no cerne da
celebración deste domingo de coresma. Paulo invitaba, e hoxe tamén nos dirixe a
nós esa invitación, a deixarse reconciliar con Deus; a abrirse a acoller a Deus
en nós, no corazón e na vida. En tempos duros e de tanta desesperanza para quen
non ten traballo, para quen ve que xorden problemas e dificultades na súa
familia, para quen descobre que a enfermidade lle rompe proxectos e ilusións,
para quen se sente enganado por aquel/es aos que consideraba amigos e confiaba
na súa palabra, para tantas e tantas persoas ás que a tebra asoma unha e outra
vez na súa vida, as palabras invitándonos a deixarnos reconciliar con Deus,
ábrennos a responder desde unha actitude de confianza e cambio, para que a
xustiza, que todos tanto desexamos, vaia facéndose realidade ao noso redor.
Que esta oración que agora nos
dispomos a compartir, siga a axudarnos a abrir camiños que nos leven a botar ao
colector de lixo canto nos impide entrar de verdade nesta invitación de Deus á
reconciliación con El e os irmáns.
O
PERDÓN
·
Porque a nosa racionalidade impídenos
abrirnos á linguaxe relixiosa que nos achega a Deus desde os sinais da súa
presenza en mans que se saúdan con confianza, ollos que se encontran con
sinceridade e sorrisos que se mostran con sinxeleza, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á RECONCILIACIÓN.
·
Porque o noso testemuño de vida non fai de
nós auténticos embaixadores de Deus no medio dos irmáns e das irmás, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á RECONCILIACIÓN.
·
Porque nos custa moito recoñecer que
necesitamos pedir perdón e tamén perdoar a quen se achega a nós buscando o noso
perdón, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á
RECONCILIACIÓN.
REMUÍÑO
ü Ao redor da
necesidade de deixarnos reconciliar, xira o texto de Paulo que temos escoitado
no momento da proclamación da Palabra. E se ben son moitas as veces nas que
temos escoitado, tamén utilizado a palabra reconciliación, quizais o teñamos
feito sen prestarlle toda a atención que merece. Reconciliarse non é algo que
se queda na superficie de dicir unha palabra ou facer un xesto externo cara a outra
persoa coa que a nosa relación se ten deteriorado; ao contrario, a
reconciliación di sempre relación ao profundo de cada un/ha de nós, a canto non
se pode apreciar visualmente. Reconciliarse é estar disposto a fundirnos no
máis fondo de nós mesmos e, nun acto de sinceridade persoal e intelectual,
recoñecer que hai cousas que pola nosa teimosía nos están a baleirar por
dentro, facendo que a ilusión, a esperanza, a capacidade de atoparnos, e que os
demais nos atopen, se vaia esgotando. Reconciliarse pide ser conscientes de que
non é agochando o que non nos gusta como podemos encarar os problemas,
dificultades e mesmo limitacións persoais. Cando un verdadeiramente quere
recompoñer todo canto ten roto no seu interior, podemos dicir que estamos no
camiño que nos leva á verdadeira reconciliación. Pero para iso necesitamos non
pouca sinceridade, recoñecer como somos, sen aparentar, sen mostrarnos para
quedar ben e que os demais pensen que somos xeniais, impolutos e sen tacha. A
chamada de Paulo a deixarnos reconciliar con Deus, pasa, primeira e
necesariamente, por reconciliarnos con
nós mesmos, sabendo aceptarnos, nas nosas limitacións e tamén nas nosas
capacidades. Sen querer aparentar o que non somos, pero tamén sen caer no extremo
de pensar que non valemos nada. Reconciliarse é poñer as cousas no seu punto
xusto, sen alardes, pero tamén sen complexos de inferioridade. Todos valemos, e
valemos moito, inda que non valemos para todo. Saber distinguir ambas
situacións xa nos vai poñendo en camiño. Un segundo eixo desta reconciliación,
é a de descubrir a necesidade de reconciliarnos
tamén cos demais, aqueles cos que día a día compartimos gozos e tristuras,
proxectos e fracasos. E ha ser esta unha reconciliación real, concreta, que se
vaia manifestando no xeito de prestarlles atención, de valorar canto din, de
saber dicir non -desde o respecto que sempre supón a discrepancia- cando vemos
que o que se di ademais de non responder á verdade, dana a quen vai dirixido.
Reconciliarse, logo, é unha tarefa constante que nos pide non decaer, senón
estar constantemente alerta, con capacidade crítica e sabendo que necesitamos
estar a ben con nós, e desde a nosa aceptación saber valorar, escoitar e
deixarnos acompañar polos demais. Unha vez asentados estes dous primeiros
pasos, daremos o terceiro e derradeiro, consecuencia dos dous anteriores: deixarnos reconciliar por Deus. Porque
Deus non é algo externo, afastado e distante de nós, a reconciliación con El,
esixe e necesita a reconciliación cun mesmo e cos demais. Todo canto non nos
leve a isto non é máis que superficialidade e aparencia. Pero a invitación de
hoxe é ir ao profundo de cada un de nós, a ese momento no que afirmamos que nos
atopamos diante da nosa conciencia, sen presións e sen ter que quedar ben con
ninguén. Só nunha situación así poderemos entender que significa reconciliarse
e se de verdade estamos nese camiño. A coresma non quere ser máis ca un medio
para buscar e aproveitar ese momento no que nin nos enganamos a nós mesmos nin
tampouco aos demais.
ü Como
acabamos de escoitar tamén na parábola, o Pai bo, Deus, sempre está á nosa
espera e cos brazos abertos, pero temos que ser nós os que nos poñamos en
camiño e queiramos de verdade cambiar -reconciliarnos-. Se non estamos
dispostos, El seguirá cos brazos abertos, pero nós non imos querer achegarnos
ata El. O fillo pequeno, namentres non se deu conta disto, non puido comezar a
súa transformación, o seu cambio. Deus estaba, pero el non quería achegarse ata
El. Pola contra, o grande estaba presente, pero non desde unha disposición de
acoller, senón a de esixir e crerse que como bo cumpridor merecía o seu premio.
Verdade que nos soa este xeito de entender e facer as cousas?. Non actuamos nós
moitas veces tamén así, crendo merecer recoñecemento, loanzas, bens … por
estar, quedar e preocuparnos, negándolle aos demais e encirrando en nós
xenreira contra deles?. Prestemos atención a esta parábola e poñámoslle como
rostro identificador as nosas actitudes, os nosos pensamentos ou os nosos
mesquiños intereses. Verdade que non estamos moi lonxe do que fixo o fillo
maior?. Por que será que sempre temos na punta da lingua a frase: “eu merézoo,
porque namentres el/es foron, eu quedei aquí e carguei con todo”?. Deixémonos
reconciliar con nós e abandonemos as nosas propias pantasmas que non nos deixan
ser felices, de xeito que academos tamén a reconciliación cos demais e con
Deus.
ORACIÓN
DA COMUNIDADE
Como Pai bo que saes ao noso encontro para
ofrecernos a túa man de paz e misericordia, presentamos a nosa oración
comunitaria dicindo xuntos:
QUE
NOS ALEGREMOS CO BEN DO IRMÁN
û Que cantos
nos sentimos parte activa da Igrexa, non esquezamos nunca que ser embaixadores
de Deus no medio do mundo, chámanos tanto a acoller ao irmán que se achega
buscando reconciliación, como a sentírmonos necesitados de ser reconciliados,
OREMOS
QUE
NOS ALEGREMOS CO BEN DO IRMÁN
û Que cantos
formamos parte das comunidades cristiás e nos reunimos cada domingo para
compartir e celebrar a fe, nos esforcemos por practicar as actitudes de Xesús
que sempre reconcilia e nunca garda rancor, senón que ofrece perdón e acollida,
OREMOS.
QUE
NOS ALEGREMOS CO BEN DO IRMÁN
û Para que
nós aprendamos tamén que a reconciliación cos demais esixe reconciliarnos con
nós mesmos,superando vellas pantasmas que nos fan culpables, inferiores e sen
gañas nin forza para queremos e aceptarnos a nós mesmos, OREMOS.
QUE
NOS ALEGREMOS CO BEN DO IRMÁN
û Que a forza
do Espírito alente a cantos teñen a misión -tamén a responsabilidade- de elixir
ao próximo Pastor da Igrexa, para que a súa elección sexa desde criterios
evanxélicos, e non desde intereses ideolóxicos e de poder, OREMOS.
QUE
NOS ALEGREMOS CO BEN DO IRMÁN
Señor, que
nos deixemos reconciliar interior e exteriormente desde a sinceridade e o
esforzo de cambiar e ser máis xustos, honestos e responsables para con nós e os
demais. P.X.N.S. Amén.
PARA
A REFLEXIÓN
O
Pai era o sol.
O
fillo máis pequeno desenganchou da familia,
E
quixo voar só cara ningures;
atolado,
sen cabeza nin entendemento.
O
Pai sentiu que algo rachaba no seu corazón,
e
a ferida sangraba sen remedio.
Non
era cousa da herdanza,
senón
do afastamento, o silencio, a indiferenza...
Cando
parecía que xa non había esperanza e todo estaba perdido,
o
fillo volveu.
O
sol saíu outra vez e a esperanza fíxose posible.
Aquel
renacer merecía unha festa,
a
ledicia hai que celebrala e compartila.
Non
se pode gardar só para un.
O
outro irmán non o entendía,
seguía
a pensar en herdanzas e cartos;
non
entendeu que o importante era a volta do irmán.
A
envexa, o odio, o crerse mellor e cumpridor
non
o deixaron descubrir que por riba do que un faga ou deixe de facer,
Deus
sempre sae ao encontro.
Con
paciencia espera, agarda e nunca abandona.
O
pequeno volveu á calor de Deus,
Mágoa
que o grande xeara e endurecera o seu corazón!
Non
foi capaz de aledarse coa alegría do Pai e do irmán.
(A
partir dunha idea do Libro de Cáritas, Cuaresma
e Pascua 2013, p. 68 )
·
ENTRADA:
Arrepentido
·
LECTURAS:
Amigos nas
penas
·
OFERTORIO:
Xesús
chamado amigo
·
COMUÑÓN:
Cando me
colle a noite no camiño
POWER
POINTS
rtvg
Domingo 4 de Coresma - ciclo C
Comentarios
Publicar un comentario