Reflexións de Coresma III - A esmola
A esmola
A esmola é froito da misericordia. Todo camiñar cara a
Cristo implica un camiñar cara ao irmán, especialmente ao máis necesitado. Se
ninguén «pode ser feliz a soas», moito menos pode ser santo a soas, incluso
ninguén pode ser cristián a soas. Cristián é o que abre a man para compartir, o
que tende a súa man para axudar, o que ofrece a súa man para servir.
A esmola que Deus quere:
- Que sexa froito do amor, un verdadeiro compartir, non só
dar o que che sobra.
- Que sexas humilde, que pidas perdón ao pobre polo pan que
lle dás.
- Que axudes ao pobre para que non necesite a túa axuda.
- Que te vaias
facendo pobre como Xesucristo.
- Que vexas no pobre a Xesucristo.
Adaptación de : mensajerosanantonio
Comentarios
Publicar un comentario