13 mar. 2013

Reflexións de Coresma IV - A cruz




A cruz
O cristián debe gloriarse na cruz do noso Señor Xesucristo. Por iso a cruz preside sempre as nosas celebracións. Non é só dor e humillación, é salvación e vitoria, é o signo do amor máis grande. Por outra banda, a cruz non é para lucila, senón para vivila. O signo da cruz comprométenos a vivir un amor entregado até o fin, como o de Cristo.

A cruz que Deus quere:
- Que saibas levar a cruz de cada día.
- Que saibas aceptar as túas dores e fracasos.
- Que saibas compartir a cruz dos irmáns.
- Que nunca poñas cruces aos demais.
- Que unas sempre a túa cruz á de Cristo.



Adaptación de : mensajerosanantonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario