Se non facedes penitencia, todos pereceredes - Lc 13, 1-9
Domingo 3 de Coresma - ciclo C
CORESMA É:
Unha oportunidade para converterse ao Evanxeo
Corenta días para reflexionar o que cremos
Apertura a Deus pola escoita da súa Palabra
Oportunidade de redactar o proxecto persoal
Un tempo de máis oración persoal
Unha nova chamada de Deus ao corazón
A preparación para a Pascua
Deixarse reconciliar con Deus
Recolocar a escala de valores
Facer oco a Deus para que ilumine a vida
Afinar o oído a escoitar ao irmán e á irmá
A CORESMA NON É:
Corenta días tristes
Deixar de comer carne os venres por costume
Pensar só en Xesús crucificado
Preparar as vacacións de Semana Santa
Que che poñan cinza na cabeza, sen máis
Vivir sen que che importe a xente, pero rezar
moito
Sacrificarse só para amolarse
Adorar algunha imaxe e non vivir coma Xesús
Amolarse porque si, sen beneficiar a ninguén
Comentarios
Publicar un comentario