11 mar. 2012

Señor, Ti tes palabras de vida eterna - Salmo 18

Domingo 3 Coresma - ciclo B


PREGARIA: ORACIÓN POLA SOLIDARIEDADE

Que me leve o teu Espírito, Pai,
como levou a Xesús,
que me leve o teu Espírito,
polos camiños da solidariedade.

Se fago xaxún,
se me privo de fartura na comida,
se deixo de mercar prendas caras,
se me aparto de gastos viciosos,
se me fago aforrador,
que sexa por solidariedade, Pai,
por compartir do que eu teño
co que carece e pasa necesidade.

Se fago oración,
se fago máis oración na Coresma,
se confeso os meus pecados,
se recibo con devoción o teu Corpo e o teu Sangue,
que sexa por solidariedade, Pai,
por aprender cabo de Ti, fonte de amor,
os camiños que leven ao amor real e efectivo.

Se dou esmola,
se reparto do meu co que non ten,
ata quedarme eu mesmo escaso ou necesitado,
que sexa por solidariedade, Pai.
por sentir nas miñas entrañas
un atractivo irresistible cara os irmáns,
o mesmo que sentiu Xesús.

Pai, faime solidario,
solidario cariñoso,
solidario intelixente,
solidario organizado,
solidario combativo,
solidario pacífico,
Faime, solidario, Pai.



No hay comentarios:

Publicar un comentario