11 mar. 2012

PREGARIA

Pregamos hoxe polos mortos,
mortos pola violencia,
mortos pola desgracia,
mortos pola dor,
mortos pola separación,
mortos pola emigración,
mortos pola incomprensión,
mortos no espírito,
mortos no corazón,
mortos no pensamento,
mortos…?

Pregamos hoxe polos vivos,
vivos na supervivencia,
vivos na ausencia,
vivos na dor,
vivos na indixencia,
vivos na explotación,
vivos na inactividade imposta,
vivos na cotidianeidade,
vivos na dificultade,
vivos no anonimato,
vivos na proximidade,
vivos na distancia,
vivos...?

Bendí, Señor, os mortos.
Bendí, Señor, os vivos.
Bendí, Señor, os que sofren
e os que non saben ver o sufrimento dos outros.
Bendí, os que xa descansan
e os que non ten descanso.
Bendí os que están presentes
na vida ou no corazón.

Danos a túa esperanza,
danos a túa compaixón,
danos a túa paciencia,
danos a túa calor.
Danos o teu sorriso,
danos o teu amor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario