31 mar. 2012

Meu Deus, meu Deus, por que me abandoaches? - Salmo 21

Domingo de Ramos ciclo B



QUEREMOS VER A XESÚS

Se o gran de trigo non morre
ao ser botado na terra,
quedará só e sen froito,
por moito que busques nela.

Pero se ousa morrer
en tal negrura deitado,
dará froitos abondo
en forma de grans dourados.

Se amas tanto o teu ser,
o teu tempo e os teus cartos,
que receas compartilos,
ao remate perderalos.

Pero se sabes morrer
para que outros solezan,
case sen te darte de conta
veraste coa vida chea.

Hai moitas formas e xeitos
de morrer polos demais;
busca ti onde fai falla
que morras para dar máis.

Daquela serás cristián
e seguidor de Xesús,
que deu coas fontes da vida
polo carreiro da cruz. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario